A romaría Raigame rinde homenaxe a Secundino Feijoo e ó padre Silva

Vilanova dos Infantes, unha pista de circo

O circo dos Muchachos, onte en Vilanova dos Infantes. (Foto: Miguel Ángel)
Choveu con abundancia pero a auga no puido coa festa. A romaría Raigame combinou este ano a exasltación das vellas tradicións co circo, rendindo tributo a dos pioneiros desde espectáculo.
A XII Romaría Etnográfica 'Raigame' resaltou este ano a vinculación da poboación de Vilanova dus Infantes co mundo do circo. Esta festa lembrou as figuras de Secundino Feijoo, que chegou a forxar un dos circos máis importantes de España nos dous primeiros terzos do século XX, e o padre Silva -fundador do Circo dos Muchachos-.

'Raigame' celébrase cada ano, coincidindo co Días das Letras Galegas -17 de maio-, no termo municipal de Celanova.

Nesta edición, polas rúas de Vilanova pasaron artesáns, gaiteiros, bailarins e haberá espectáculos circenses de man da compañía Ale Hop, dirixida por Churry Silva, sobriño do Padre Silva -con malabaristas, equilibristas, acróbatas ou pallasos- e organizarán un pequeno taller para todo o público.

O alcalde de Celanova mostrou o seu 'agradecemento' a 'todos os veciños de Vilanova dous Infantes' que, coa súa implicación 'fixeron posible o que é hoxe'. José Luis Ferro -que afronta a súa primeira romaxe como alcalde- sinalou que é unha 'festa de interese turístico galego- e será un 'escaparate' para todos os visitantes.

Pola súa banda, a directora do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo indicou que se pretende coa romaxe 'que as tradicións sigan vivas' e que os antigos oficios 'sigan vivos e as xeracións os teñan presentes'.

Mentres, o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, manifestara na presentación que se trata dun 'evento cultural de referencia' en Galicia' e é unha 'aposta máis que consolidada' nos seus doce anos de vida. Ademais, engadiu que o Día das Letras Galegas é o 'único día do ano' no que 'Santiago de Compostela non é a capital de Galicia'.


EXPOSICIÓNS

A Fundación Bemposta Nación dos Rapaces mostrou unha exposición fotográfica e de carteis referidos ao circo e actuará cun dos seus números emblemáticos, a Pirámide de Arlequíns.

A Sociedade Filatélica Miño tamén se suma a esta homenaxe cunha exposición de selos sobre o circo e creando un selo de Correos para a ocasión.

Nesta edición, o premio Xan de Barros recae este ano a título póstumo na figura de Xosé Antón Fidalgo Santamariña, antropólo que afondou no coñecemento de Vilanova dos Infantes coa obra 'Patrimonio etnográfico dunha parroquia ourensana'.

Te puede interesar