A fala dos vellos

A bolboretiña do día: tu e ti

wordcloffffudd

Do sistema dos pronomes persoais hai algunhas cousiñas que van perdendo forza. Unha delas é o pronome suxeito “tu” que recúa de xeito natural ante o avance simplificador do “ti” occidental. Outra das máis habituais é facer o calco do castelán nas formas de compañía. Ou sexa dicir “conmigo, contigo, con nós, con vós, etc. As formas boas son “comigo”, -o eme comeu o ene- connosco e convosco. Estas formas son as únicas lexítimas. 

Así, debemos dicir. “Ven ver o mar comigo”, “Mañá vou convosco á París de Noia” ou “Quería vir connosco pero deixámolo na casa”. Digan tu ou ti, como queiran, pero sempre connosco e convosco, por favor.

Te puede interesar