A bolboretiña do día | O sexo dos homes

Un amigo común que tiña eu con Jorge Luis Borges, Antonio Pérez Prado, contábame como cando o escritor se volvera cego, ía á súa casa a lerlle o que lle mandara. Unha vez preguntáralle cantas formas sabía para referirse ao sexo do home. Dicía que el tiña recollida máis de duascentas: carajo, gaita, minga... E don Antonio, desde aquela, buscaba novas formas para “regalarlle” a Borges.  E si, en galego está claro que a dominante e popular é “carallo”, -de etimoloxía moi discutida- e coa máis simpáticas da erratas da historia: O dicionario da RAG, en 1990, definíao como “órgano xenial masculino”. A forma culta, sen evolucionar desde o latín sería a que usan todas as linguas de todas as raíces, agás castelán e italiano, é  penis. Obviamente, se viñese por vía popular caería o ene intervocálico -como en “bono” que dá bo- e sería “pee”. Pero pé, xa está ocupado, por unha forma que vén da desaparecidodo d intervocálico do “pedis” latino. Corominas, o sabío lingüista, localiza pene a mediados do XVIII aínda que a RAE só a recolla en 1884. Así pois, tan noviña é que para ese uso culto, eu deixábaa como en todas as demais linguas.

Te puede interesar