Asetranspo chama a facer 'fronte común' para colocar a Vigo 'en primeira liña do mapa loxístico' do Corredor Atlántico

A Asociación de Empresarios de Transportes Discrecionais de Mercadorías de Pontevedra (Asetranspo) fixo un chamamento a facer 'fronte común' para colocar a Vigo 'en primeira liña do mapa loxístico' do Corredor Atlántico, pois asegura non entender por que a Rede transeuropea de Transporte coloca a este porto como 'complementario'.
O presidente de Asetranspo, Jesús Rodríguez Vieites, criticou a 'exclusión' de Vigo da 'primeira liña do Corredor Atlántico' malia ser o porto por onde saen o 40 por cento das exportacións da comunidade e sinalou que 'non é de recibo que un porto tan agradecido e produtivo, en comparación con outros nos que se fixeron investimentos multimillonarias, quede co papel de actor secundario nesta gran produción'.

O colectivo empresarial lamenta que dende as 'instancias políticas' non se 'defendera un posto de principal' para o porto olívico e pregúntase se agora 'serán capaces de poñerse de acordo para saír desta'. 'Se a cuestión non se arranxa dende dentro, está claro que virán de fóra a poñer no noso sitio ou no que outros queiran para nós, e talvez non nos guste', advirte.

O presidente da asociación de transportistas mantén que o Porto de Vigo é 'a orixe e destino de moitos dos tráficos de mercadorías por estrada' e, tras engadir que tamén podrecía selo o aeroporto, avisou de que non renunciará a iso 'de ningún xeito'. 'Apelamos á unidade de todas as forzas da cidade en defensa do que é noso e nos gañamos por dereito propio', asegura ao respecto.

Te puede interesar