O BNG dí que o decreto do carbón porá a enerxía un 20% máis cara

O BNG avanzou onte que presentará unha proposición non de lei no Congreso para mostrar a súa oposición ao decreto do carbón -aprobado polo Goberno en febreiro, pero pendente do visto bo de Bruxelas a unha modificación introducida para a súa entrada en vigor- por soster que encarecerá nun '20,73% a produción da enerxía en España', ademais de prexudicar ás centrais térmicas galegas, de As Pontes e Cerceda.
O nacionalista Francisco Jorquera denunciou que coa nova normativa se podería producir 'un sobrecoste no mercado almacenista da xeración eléctrica de 1.200 millóns de euros' e encarecer nun '20,73 % os custos de xeración', segundo datos da Comisión Nacional da Competencia.

Jorquera recorreu á mesma fonte para cifrar o sobrecoste en 750 millóns de euros, 'coa consecuencia que isto vai ter na factura eléctrica'. A xuízo do BNG, este factor sumarase á 'destrución de emprego' que podería supoñer para As Pontes e Cerceda, dado que as centrais térmicas situadas nestas zonas se adaptaron para usar carbón de importación a raíz de que se esgotasen as súas minas.

Te puede interesar