A Universidade de Vigo aposta pola enerxía xeotérmica

n n n O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, presentou os resultados obtidos coa instalación de bombas de calor xeotérmicas na Biblioteca da Universidade de Vigo, unha das actuacións recollidas no proxecto demostrativo para a utilización da enerxía xeotérmica, financiado pola Consellería de Economía e Industria cun millón de euros.
O caso da Biblioteca da Universidade de Vigo é especialmente significativo, xa que se acadou unha mellora do rendemento económico e enerxético da instalación cun aforro económico do 48% e enerxético do 55%. Ademais, a redución de emisións de CO2 chegou até o 85%, cunha considerable mellora na regulación do sistema de climatización e do seu rendemento, 'cumprindo coas recomendacións máis estritas da Unión Europea'.

'Coa explotación da enerxía xeotérmica a toda a sociedade galega, poden acadarse aforros enerxéticos de até o 70%', destacou Guerra.

Te puede interesar