ENTROIDO

O cocido da Festa da Cachucha triunfou nas mesas dominicais

<p></p>
photo_camera Unha pandilla moi divertida mostra os platos coa cachucha e os grelos nun dos restaurantes da vila.

Flións, murgas e charangas animaron as rúas e os cerca de 30 restaurantes que participaron nesta 22 edición

O Carballiño non se amedrentou polo mal tempo e celebrou a Festa da Cachucha que empezaba ao medio días nas rúas con moita animación musical a cargo da histórica murga carballiñesa Os Liborianos e os folións Arrieiros de Petín, folión de Fradelo, Viticultores, de Tameirón, e a batucada Os da Caña.

Os pasarrúas daban paso a gran "comilona" nos restaurantes da vila, cun calórico cocido no que a cachucha do porco era o ingrediente estrela, ademais dos grelos e repolo, chourizos e postres típicos do Entroido, entre outros manxares.

Cerca de 30 restaurantes acolleron aos numerosos carballiñeses e visitantes, que disfrutaron do suculento xantar e tamén da animación das charangas que actuaron en tódolos establecementos participantes nesta 22 edición da festa.

A organización correu a cargo do Concello do Carballiño, contando coa colaboración dos hosteleiros da vila.

Te puede interesar