Comezan as rondas de folión nas aldeas de Manzaneda

Concello de Manzaneda
photo_camera Concello de Manzaneda

Manzaneda destaca no entroido coa ronda de fulión, onde o folión soa polas ruas e as máscaras danzan ao som dos bombos durante un mes de celebración ritual.

As terras de Manzaneda convírtense nas auténticas protagonistas da comarca no tempo de Entroido.

As noites da ronda de fulión durante a tempada de entroido en Manzaneda son as máis vividas polos seus veciños.

Este sábado a cita estaba marcada na pequena aldea de Vidueira, ao caer a noite, veciños e visitantes achéganse ata a entrada do pobo e tras pedir o permiso, seguindo a tradición, comeza a soar o folión polas rúas da aldea parando de adega en adega. Na localidade de Manzaneda tamén se deixou escoitar o folión polas súas rúas e barrios, coas mázcaras bailando coa súa elegante e singular danza ao son dos bombos e as aixadas.

Desde esta fin de semana e durante un mes seguido, Manzaneda queda sumerxida no entroido respectando o seu ritual.

A aldea de Trabazos ten programada a súa foliada para o vindeiro sábado 27 de xaneiro.

Te puede interesar