ENTROIDO

Ritmo ao son de charanga

Xinzo de Limia. 01-02-15. Provincia. Charanga XL .
Foto: Xesús Fariñas

A charanga XL de Xinzo de Limia é unha das máis activas do momento. No Entroido están presentes en máis dun sitio. O seu éxito reside na súa hiperactividade e bo humor traspasado ao ritmo dos instrumentos.

Como xurdiu a idea de crear unha charanga?
Toda a nosa idea xurde arredor do Entroido. Na nosa vila, Xinzo, desde que temos memoria, no Entroido sempre houbo ben banda ou ben charanga. A todos nos gustaba o que aquela xente con eses carros de percusión, atuendo chamativos e música alegre facían e como a xente se divertia con eles. Asi que decidimos probar sorte. Todos tiñamos experiencia neste campo e foi ese o motivo que nos moveu crear XL, a idea dunha charanga  que nos permitise gozar facendo o que máis nos gusta, entre os amigos de toda a vida, e outros que, ainda que non o eran, xa nos coñecemos como se así fora. Buscamos unha forma de poder estar xuntos e pasalo ben e así xurdiu XL. Con ganas de tocar por todos os lados, pero sobre todo, centrados no Entroido.
Como levades o tema dos ensaios?
Ensaiamos unha ou duas veces por semana, dependendo da dispoñibilidade da xente, xeralmente soe ser os fins de semana, inclusive domingos de boa maña! Contamos con dous compañeiros que son uns fenómenos, os dous pasan horas diante do ordenador para facer os arreglos que soan en cada actuación, non temos unha soa peza que non saíra das súas cabezas. Consideramos que eso é unha labor primordial para unha charanga, sobretodo para marcar un pouco a diferenza saíndose das pezas tradicionais e podendo tocar temas de Bon Jovi, Rosendo, ou M-Clan, entre otros. En cada ensaio non botamos menos de tres horas, nas que sobretodo nos adicamos a empastar as distintas melodias ca percusión, é por suposto perfeccionamento de ambas.

Cómo está o “panorama Charanga" actualmente?
Na actualidade, todo está complicado. Cada día somos máis neste mundo, pero penso que con moito  traballo e bo faer consegues levar a charanga a sitios que nin te imaxinaras cando empezas proxectos como estes. No noso caso deixamos hai tres meses o noso primeiro ano de vida e fixemolo con 55 actuacións por toda Galicia, Asturias e Portugal. Cabe destacar as festas do Carme de Camariñas, a Festa da empanada de Bandeira, a Noite Meiga de Montealegre en Portugal ou a Ramallosa de Celanova, por citar só algunhas que me veñen a voz de pronto á mente.  

Supoño que en datas como o Entroido e o verán andades de festa en festa... como é o voso día a día nestas datas?
O noso día a día case non existe en datas como agora é o Entroido. Só existen unhas poucas horas para durmir e todo o resto queda para troulear tocando. Déitaste escoitando charangas e levantaste ca mesma, É decir, para nós o Entroido e un día de 120 horas. No verán xa se torna un pouco máis levadeiro,aínda que hai  fins de semana nas que as horas de descanso contanse cos dedos dunha man.

Que é o que máis vos gusta de cando actuades?
A calor do público, o ver que eles gozan co que estas a faer e que se divirten tanto coma ti.

Un consel´lo para gozar a tope da vosa música e enerxía (sobre todo nestas datas,..)
Deixarse levar polos nosos acordes e sobre t

Te puede interesar