Agustín Hernández: ‘A unión ou fusión ordenada de concellos é unha necesidade’

O Clube Financieiro de Vigo fixo público recientemente un estudo no que aposta pola fusión/absorción de concellos para facer frente á regresión demográfica e mellorar a prestación de servizos, ó tempo que a capacidade financieira dos entes locais. Será esa unha solución viable?
Plantexa unha cuestión de grande complexidade. Falo de memoria, pero me parece que o traballo apunta a que 200 concellos galegos teñen menos 5.000 habitantes; hai un bó número que teñen menos de mil, mil e pico ou dous mil e pico. A realidade é que unha fusión ou unión ordenada constitúe unha necesidade. O que pasa e que a eso hai que engadir a realidade demográfica do interior de Galicia, que é un asunto moito máis profundo, porque se non se adoptan medidas -a Xunta está nesa línea- que poñan en valor o territorio, xeneren actividade económica e deteñan a sangría poboacional, de pouco valerán as propostas recollidas no documento comentado. Dende logo o Goberno galego quere loitar contra elo, como se recolle nos plans Impulsa para Lugo e Ourense.

Ten algún papel que xogar a política urbanística na loita contra a despoboación?


Si. A Lei do Solo trata de viabilizar e dinamizar o urbanismo no rural. Non podemos conformarnos con que o rural sexa un lugar idílico, que está ben, senon como lugares para desenvolver actividades económicas e vitais como nas áreas urbanas, de forma que non só vivan ben os que residen alí, senon que poidan facelo os seus fillos e non sintan a tentación de marchar por falta de perspectivas de futuro. Nise senso é unha ferramenta, non a única, pero si unha máis, que ten que ir acompañada de outras como as tendentes a crear pequenos polígonos ou áreas industriais con tratamentos específicos para favore cer a instalación de empresas.

A sua Consellería ten anunciado un Plan de Vivenda trienal. Tendo en conta que a crise ten provocado que exista unha importante bolsa de vivendas no mercado sen vender, non hai unha saída intermedia para que se cumpran ambos obxectivos á vez?

Dúas das medidas que contén ese plan van na línea de intentar sacar ó mercado as vivendas sen vender. Unha é a través da rehabilitación, na que Galicia sempre foi pioneira nese aspecto, para permitir a construcción a pequena escala. A outra é a posibilidade de calificar como vivendas de protección autonómica outras que xa están rematadas e valeiras. A iso debemos engadir que as axudas irán tamén ós adquirintes. Outro dos eixos é o de actuar para facilitar o acceso ó mercado financieiro, dadas as restriccións actuais ó crédito, para potenciar o mercado do aluguer.

O Plan de Urbanismo de Ourense vai camiño de marcar o triste récord de sentencias anulatorias. Existen posibilidades de superar esa grave coiuntura sen que se paralice, ainda máis, unha actividade tan vital para a cidade como é a urbanística?

Mantemos contacto co Concello e a total disposición para colaborar en que eso non se produza e se houbese unha decisión que faga decaer o Plan, artellar as medidas necesarias para salvar a situación e garantir que non haxa paralización.

En Vigo tamén problemas co Plan de Urbanismo.


Bueno, hai un plan aprobado por nós cando accedemos ó goberno da Xunta. O que pasa é que parece que non está respostando ás expectativas que os responsables do Concello tiñan postas níl. Esperemos que a actividade no sector recupere pulo, pois contribuirá a reactivar a economía.

Te puede interesar