GALICIA

Aparece en bo estado o mozo compostelano que faltaba do seu domicilio dende o luns

O home foi localizado durante a mañá deste martes na cidade de Lugo e atópase xa cos seus familiares. Aínda que está "en perfectas condicións", será sometido a unha revisión médica.
 

O xoven compostelano Marcos Sánchez Dardet, buscado pola súa familia dende que este luns abandonase o seu domicilio, foi localizado na mañá deste martes en perfectas condicións.

Así o informaron fontes da investigación iniciada despois de que os achegados ao mozo, de 33 anos, interpuxesen unha denuncia por desaparición.

O home foi localizado durante a mañá deste martes na cidade de Lugo e atópase xa cos seus familiares. Aínda que está "en perfectas condicións", será sometido a unha revisión médica.

A familia do mozo pediu axuda o luns para difundir a súa imaxe e tratar de localizalo. Segundo informaron a Europa Press, o home abandonara a súa casa para ir traballar a primeira hora, no seu vehículo, pero pouco tempo despois de marchar enviara senllas mensaxes de `whatsapp` á súa muller e á súa nai nos que se despedía e pedía "perdón", o que lles xerou unha preocupación que se viu incrementada ao comprobar que non acudira ao seu traballo.

Nesta conxuntura, familiares de Marcos Sánchez acudiron á Comisaría da Policía Nacional de Santiago, onde interpuxeron unha denuncia.

Te puede interesar