O BNG pide 'transparencia' e 'visión de país' na repartición de fondos no mapa de rutas aeroportuarias

O voceiro do grupo municipal do BNG en Santiago, Rubén Cela, e a deputada nacionalista Ana Pontón reclamaron este martes 'transparencia' e 'visión de país', así como unha 'repartición de fondos eficaz e eficiente' no mapa de rutas aeroportuarias de 2012, algo que trasladarán os nacionalistas a unha iniciativa na Cámara galega que defenderá a parlamentaria.
Nela, o BNG pedirá coñecer as previsións da Xunta sobre a oferta de voos do aeroporto de Lavacolla para este ano e o deseño dun mapa de rutas galego que coordine a oferte e evite a competencia interna.

Rubén Cela considerou 'absolutamente incuestionables e innegociables' os criterios de transparencia, repartición de fondos públicos con eficacia e coordinación e visión de país. 'Se existe valentía política, vontade de celeridade, estaremos a tempo de reconducir esta situación; senón, estaremos abocados a un ano máis de pasotismo da Xunta e a un localismo irracional'.

Pola súa banda, Ana Pontón expresou que a formación nacionalista sempre incidiu nos 'problemas de carácter estrutural do sistema aeroportuario galego que provocan debilidades, debido a un deseño centralista a nivel de Estado da formulación dos aeroportos' que, asegurou, 'impide que, aínda que Galicia teña mellor posición para ofertar voos transoceánicos, poida incrementar a súa capacidade ao non existir unha visión de conxunto'.

Te puede interesar