O Concello de Vigo aforrará este ano máis de 400.000 euros con medidas de eficiencia na iluminación pública

O Concello de Vigo poderá aforrar este ano 405.000 euros grazas a un plan de eficiencia enerxética aplicado á iluminación pública, e que implica medidas como a instalación de equipos reguladores ou redución de potencia instalada.
Segundo explicou en rolda de prensa o alcalde da cidade, Abel Caballero, quen sinalou que este plan, que xa se está a aplicar en Vigo, contempla a redución do horario de iluminación -15 minutos ao atardecer e outros 15 minutos á alba-, a instalación de equipos reguladores e a redución da potencia instalada.

Así mesmo, os técnicos tamén realizaron apagado parciais da iluminación pública en lugares onde o nivel lumínico. Todas estas medidas permitirán un aforro de 405.000 euros anuais, sobre un gasto total duns 3,21 millóns de euros, o que supón un 12,6 por cento menos. Deste modo, segundo precisou Caballero, malia a suba de tarifa que entrou en vigor o pasado 1 de abril, o Concello de Vigo poderá aforrar na súa iluminación pública.

Segundo os datos do informe presentado polo rexedor, o apagado selectivo é a medida que supón un maior aforro e, por zonas, é a zona urbana a área que implica máis redución de custos, ao ser a máis poboada. Así, o consumo nesta zona da cidade baixará de 889.572 euros a 694.097 euros.

Por outra banda, Caballero avanzou que este plan de aforro se completará con outras medidas, como a próxima convocatoria dun concurso para substituír o 25 por cento dos puntos de luz por outros de baixo consumo. Un cambio que se vai desenvolver progresivamente nos próximos anos.

Te puede interesar