O detido por golpear con martelo a muller declarará mañá ante o xuíz

O home detido por golpear cun martelo na cabeza da súa muller no domicilio familiar dos dous, en Poio, e ante a presenza das dúas fillas de 13 anos, permanecerá na Comisaría da Garda Civil de Pontevedra até mañá pola mañá, cando pasará a disposición xudicial.
A instrución das dilixencias policiais continúa a esta hora despois de que J.C.R., de 43 anos, fose arrestado na última hora da tarde de onte en Sanxenxo, onde fuxiu co seu vehículo despois de agredir a súa muller, M.V.P., de 40 anos, cun martelo causándolle dúas fracturas craniais, informaron fontes da investigación.

A vítima está ingresada en planta no hospital Xeral de Vigo con prognóstico reservado, dentro da gravidade das feridas, despois de ser atendida en primeira instancia no hospital Montecelo de Pontevedra, informaron fontes sanitarias.

Te puede interesar