Candidato do PSdeG á presidencia da Xunta

Emilio Pérez Touriño: ‘Traballando con intensidade e recursos é posible ter o AVE en Galicia en 2012’

Leva catro anos como presidente da Xunta e traballa para poder seguir no posto. Pide o voto para incrementar o número de deputados e ganar autonomía á hora de gobernar.
Cando se fala de crise económica vostede sempre fala de que Galicia ten un plus de resistencia frente ao resto do Estado, pero a situación tórnase cada vez máis complexa. ¿Cómo e cándo vamos a sair desto?

Xa sei que eso que digo non é un consolo, tampouco para min. Pero non é unha boutade. Nos anos 2003 ou 2004 en pleno milagro español do señor Aznar, marchando a toda máquina, en Galicia había unha taxa de paro do 12%. Hoxe, en plena crise, temos o 9,7%, o cual quere decir que temos menos desemprego hoxe, cunha crise tan grave, que nos tempos de bonanza. Por eso falo de plus. Esa a realidade, aínda que tamén o é que o paro está medrando, que estamos sendo golpeados por unha crise económica mundial e nise contexto a mensaxe pesimista e catastrofista que están facendo circular os dirixentes do Partido Popular non axudan nada, porque sabemos que en gran parte trátase dunha crise de confianza. A xente desconfía que se poida quedar en paro, por tanto aforra, non inviste, non consume e eso lévanos a unha espiral recesiva. En todo caso, teño a confianza de que no horizonte de finais diste ano ou nos principios do que ven escomencemos a respirar un pouco mellor. Mentras, tomamos medidas para paliar os efectos. Por exemplo, por en marcha moita obra pública (o ano pasado batemos o récord da Comunidade, con 1.600 millons de euros e iste ano vamos chegar a 2.000 millóns), o cual nos debe permitir crear 40.000 empregos; apoiar as pequenas e medianas empresas, triplicando os apoios financieiros, así como seguir traballando con empresarios e sindicatos nos sectores en crise.

Outro dos cabalos de batalla dos últimos anos é a chegada do AVE a Galicia. O presidente do Goberno, a ministra de Fomento e vostede mesmo, insisten machaconamente cada vez que teñen oportunidade en que será en 2012. Tendo en conta que as obras de Lubián-Ourense non empezaron e que se trata dun tramo similar ó de Ourense-Santiago e que iste rebasará ampliamente os catro anos, ¿cómo van a ser posibles ises traballos no lapso de tempo que resta?

Bueno, entre Ourense e Santiago, como vostede dice está moi avanzado. Témolo prácticamente en Boborás e certamente da gusto ver xa o trazado cos viaductos avanzando. Dende Lubián-Zamora-Valladolid parte está en servicio e parte en obras e queda, efectivamente, o tramo Lubián-Ourense, contemplado nos Presupostos diste ano. Por tanto, o compromiso que ten asumido o presidente e que se contraten en 2009 os tramos que faltan. Si conseguimos eso, que o imos conseguir, todo o AVE estará en obras. A partir de ahí, xa me preocupa menos, porque unha vez que empecen as máquinas, levará o tempo que teña que levar. Quédanos 2009, 2010, 2011 e 2012. Son catro anos nos que si se traballa co ritmo axeitado, con intensidade e recursos, é posible. É unha data xusta, pero non quero levantar o pé do acelerador da presión o compromiso desa fecha referencial do 2012, porque a experiencia dí que o día que afloxemos nise obxectivo, será cando se producirán retra sos e non o vamos a conseguir. Por tanto, hai que manter a tensión, aínda que a veces non se entenda ben eso e malinterprétase, sobre todo por parte da oposición. Nunca escoitará ó presidente da Xunta decir eso de bueno, a ver se chega... ou bueno, cando poida ser... Non. 2012. E nese obxectivo logrei que se comprometeran o presidente do Goberno e a ministra de Fomento.

Cambiemos de tema. ¿As listas de espera sanitarias son un rubicón inexpugnable?


Non. É un rubicón difícil. A comenzos da lexislatura o tempo medio de espera estaba en 137 días. Rematamos a lexislatura en 72, por tanto téñense reducido en algo máis de dous meses, pero é verdade que ainda é moito, aínda que esté en torno á media española. Demos un paso enorme e agora a miña aspiración é que cheguemos ata 50 días na próxima lexislatura, na que nos vamos obrigar cumplir ise compromiso por lei.

Estase cocendo o plan de financiación autonómica. ¿Cómo vai quedar Galicia?


É importante que haxa acordo, pois todas as comunidades necesitamos mellorar a financiación. Polas informacións que teño a solución pode estar próxima. No que se refire a nós, teremos máis recursos. ¿Por qué? Porque Rodríguez Zapatero acepta que se pondere a gran dispersión e o envellecemento poboacional, xa que ámbolos dous factores encarecen moitísimo a prestación de servizos en Galicia. Resta pechar ata onde podemos chegar, pero estamos no bon camiño.

Na lexislatura que remata houbo un intento fracasado de reforma do Estatuto de Autonomía. ¿Será na próxima?

Debe ser. Eu poño tres condicións. Debe ser un texto de unión das tres forzas políticas maioritarias para que sexa de todos; que sexa un Estatuto de todos; un Estatuto de primeira, que agote o máximo nivel de competencias dentro da Constitución, e ahí ainda queda recorrido. Por último, un Estatuto que recolla plenamente a nosa identidade. En torno a eso temos que ser capaces de poñernos de acordo, e estar a altura das circunstancias, sin que naide esté preso de ninguén como sucedeu na pasada lexislatura, na que prácticamente coincidíamos, ainda que o Partido Popular non quixo dar ise paso.

¿Por certo, cantos deputados pensa que vai obter o día 1 de marzo?


Como mínimo, dous máis en Ourense. Seguro.

Te puede interesar