Falece un home en Rianxo ao caer ao mar o coche que conducía

Un home de 48 anos de idade faleceu este venres na localidade coruñesa de Rianxo tras caer á auga o vehículo que conducía xunto aos estaleiros, no porto deste municipio.
Segundo informaron fontes da Central de Coordinación do 061, a alerta recibiuse sobre as 13.58 horas, cando se deu o aviso de que un coche caera ao mar no municipio de Rianxo.

Ata o lugar desprazáronse dúas ambulancias asistenciais, o helicóptero do 112 e persoal sanitario do centro de saúde de Rianxo para atender o condutor do coche, pero malia os 'esforzos' realizados, xa non se puido facer nada para salvar a vítima.

Ademais, a Central de Coordinación do 112 explicou que tamén foron mobilizados efectivos do corpo de Bombeiros, que foi o que conseguiu rescatar o home. Tamén foron alertados Salvamento Marítimo e o servizo de gardacostas, e foi prealertado o Grumir de Ribeira.

Te puede interesar