Ferido moi grave un motorista despois de chocar cun coche na Coruña

Un mozo de 29 anos de iniciais C.B.V ficou ferido moi grave nesta madrugada ao colidir a súa motocicleta cun turismo no paseo marítimo da Coruña.
O accidente tivo lugar ao redor das 05.40 horas na avenida de Barrié de la Maza, á altura do edificio de Facenda, cando o motorista, que circulaba sen casco, colidiu por alcance cun turismo, confirmaron á Efe fontes da Policía Local.

O mozo foi trasladado 'moi grave' ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

Te puede interesar