POSESIONES DEMONÍACAS
El exorcista de Vigo: “La película exagera, pero el diablo existe”
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA
O Instituto Enerxético de Galicia, dependente da Consellería da Economía e Industria, está a fomentar a constitución de comunidades enerxéticas, un instrumento autorizado pola Unión Europea que ofrece interesantes vantaxes económicas e medioambientais aos concellos e empresas que impulsan estas iniciativas.
As comunidades enerxéticas defínense legalmente coma “entidades xurídicas baseadas na participación aberta e voluntaria, autónomas e efectivamente controladas por socios ou membros que están situados nas proximidades dos proxectos de enerxías renovables que sexan propiedade das devanditas entidades xurídicas e que estas desenvolvesen, cuxos socios ou membros sexan persoas físicas, pemes ou autoridades locais, incluídos os municipios e cuxa finalidade primordial sexa proporcionar beneficios ambientais, económicos ou sociais aos seus socios ou membros ou ás zonas locais onde operan, en lugar de ganancias financeiras”. Así, estas comunidades poden basearse en instalacións de calquera vector enerxético, a condición de que sexa renovable.
A volatilidade do custe da enerxía, fai que os concellos estean a ter incidencias significativas na contratación das subministracións sendo un dos principais problemas que os concursos de subministración eléctrica quedan desertos. Isto obriga a acollerse as condicións transitorias para subministracións sen contratos (prezo PVPC máis un recargo do 20 % de penalización). A Xunta de Galicia quere apoiar ás entidades locais na busca de solucións áxiles para a contratación centralizada que aporten un maior atractivo ao mercado e consecuentemente teñan unha maior concorrencia.
Por outra parte, os continuos avances da tecnoloxía, tanto no eido dos equipos consumidores como na captación de enerxías renovables, fai que sexa conveniente a realización de estudios estratéxicos para a subministración enerxética das entidades locais no que se contemple a promoción do aforro enerxético co obxecto de facilitar ás corporacións locais a toma de decisións.
Polo mesmo motivo, e tendo en conta as novas posibilidades que brinda a normativa de autoconsumo, ampliando a distancia de conexión a 2.000 metros, considerase de interese promocionar o asociacionismo de todos os axentes da sociedade en Comunidades Enerxéticas para que participen activamente no deseño e promoción de solución enerxéticas locais que contribúan a un consumo enerxético responsable e sostible ao mesmo tempo que xeran actividade e emprego. A través de comunidades enerxéticas, as solución promovidas polas entidades locais para a súa subministración enerxética poden beneficiar aos cidadáns e empresas do entorno e viceversa, o consumo do entorno pode contribuír a que as entidades locais aglutinen un maior poder de negociación para acadar mellores condicións na súa subministración.
Por todo o anterior, a Xunta de Galicia leva desde o ano 2023 convocando liñas de axudas anuais que apoian a contratación de servizos técnico-xurídico especializados e se crea como mecanismo de comunicación unha “Listaxe de empresas interesadas en prestar servizos de planificación enerxética as entidades locais e comunidades enerxéticas” que facilite a interlocución entre as partes.
A convocatoria do ano 2025 será a terceira edición deste programa deseñado para mellorar o desempeño enerxético das entidades locais e fomentar a constitución e funcionamento de comunidades enerxéticas.
A primeira edición correspondente a 2023 permitiu subvencionar 35 expedientes. Destas, 15 son correspondentes a liña de “Planificación enerxética de entidades locais” na que estaban representados un total de 31 concellos, e as outras 20 correspondentes a liña de “Planificación enerxética de comunidade enerxéticas” entre as que cabe salientar 16 solicitudes de comunidades sen constituír, o que da unha boa proba do carácter incipiente destas asociacións e o interese que suscita a súa posta en marcha.
Na convocatoria do ano 2024 propúxose a concesión dun total de 51 axudas, 10 correspondentes a liña de “Planificación enerxética de entidades locais” na que estaban representados un total de 39 concellos, e as outras 41 correspondentes a liña de “Planificación enerxética de comunidade enerxéticas”, 36 delas de nova constitución, epígrafe no que ademais quedaron expedientes en listaxe de espera o que proba o interese crecente neste tipo de proxectos.
A convocatoria prevista para o ano 2025 consolida a do ano 2024 mantendo a mesma estrutura e dispón dun orzamento de 800.000 euros financiada con fondos propios da Xunta de Galicia, que se desagregan en dúas liñas, unha dirixida a planificación enerxética de entidades locais e outra a comunidades enerxéticas.
A Axenda Enerxética de Galicia 2030 inclúe tres medidas relaciones co pulo da constitución de comunidades enerxéticas de cara a acadar o 5 obxectivos estratéxicos definidos en devandito texto: Galicia rexión neutra en carbono en 2050, diminuír a dependencia enerxética do exterior, descarbonización dos sectores económicos e sociais, posicionar a Galicia como polo enerxético innovador e un sector industrial más competitivo: nova industria más eficiente e sostible. A Axenda Enerxética de Galicia 2030 ten como obxectivo sentar as bases para unha transición enerxética xusta en Galicia, axudando á reindustrialización e á reactivación das comarcas máis afectadas polo peche das centrais térmicas, contribuíndo a paliar os efectos adversos da descarbonización.
En términos cuantitativos, para o 2030 a Xunta espera reducir un 55% as emisións de gases de efecto invernadoiro respecto ás de 1990, a presencia dun 58% de renovables no consumo de enerxía final e un 84,8% de renovables na xeración de enerxía eléctrica. Así, no ano 2021 en Galicia a redución de emisión de gases de efecto invernadoiro en relación a 1990 sitúase no 34 %, e no ano 2022 a porcentaxe de renovables en relación ao consumo de enerxía final está no 44,8 % e na xeración de enerxía eléctrica no 69,6 %.
Para acadalo, en termos dos ámbitos concretos de actuación, entre outros, cómpre destacar os seguintes obxectivos : 8.500 MW de potencia eólica total instalada, incremento de 1.495 MW de acumulación enerxética en centrais de bombeo, 3.690 MW de potencia térmica renovable total instalada, redución nun 14% dos produtos petrolíferos para usos térmicos, entre 0,5 e 1GW de potencia instalada en electrolizadores para a produción de hidróxeno verde e 15% dos vehículos propulsados por fontes de enerxía limpas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
POSESIONES DEMONÍACAS
El exorcista de Vigo: “La película exagera, pero el diablo existe”
300 CASOS EN ESPAÑA
Galicia, a salvo “de momento” de los repuntes del sarampión
PRODUCTOS CONTAMINANTES
El colapso de una antigua balsa de la mina de Monte Neme bloquea una carretera en Carballo