Un home fica ferido de gravidade nun accidente de moto no Irixo

O condutor e único ocupante dunha motocicleta, un home de 62 anos de idade, foi nesta tarde localizado, en estado grave, despois dunhas dúas horas de busca, nunha estrada local do Irixo.

(Actualiza a GL5125 con datos sobre a ferida do accidentado e a busca)

Segundo informa Emerxencias, o propio condutor foi quen alertou do accidente e solicitou asistencia médica despois de saír da vía ás 15.50 horas na estrada local OUP-0000, desta localidade ourensá.

Porén, as vagas explicacións do motorista, que non soubo especificar o lugar do accidente, atrasaron a súa localización preto de dúas horas, indicaron fontes da Protección Civil.

O motorista foi trasladado ao hospital ourensán con fractura de nocello.

Te puede interesar