AUMENTO DEL 8,1%
Un año con 7 heridos graves en 40 siniestros con patinete en Galicia
UN 43% DOS PAIS EDUCA EN CASTELÁN
O estudo do uso da lingua galega realizado dentro da Enquisa estrutural a fogares (EFE), publicada este venres polo Instituto Galego de Estatística (IGE), apunta unha inversión na lingua empregada de forma habitual por parte da poboación da autonomía en cinco anos, cando existían máis dun 5% de galegofalantes que de castelanfalantes. No 2023, segundo os datos recollidos a través de enquisas a fogares, un 29,66% de galegos empregan sempre o castelán mentres que un 24,37% se expresa únicamente en galego.
Un dos datos máis relevantes e preocupantes sobre o mantemento do uso do galego é o relacionado coas franxas de idade, que desprende a desigualdade entre os máis maiores e os máis pequenos. Un 40,34% das persoas de 65 ou máis anos empregan o galego de forma habitual, mentres que a porcentaxe descende ata o 7,04% entre a rapazada de entre 5 e 14 anos de idade. Neste último grupo, un 83,81% prima o uso do castelán fronte ao do galego.
Dende o 2018, os datos amosan unha muda na escolla individual polo idioma falado cun descenso dos que se expresan en galego fronte ao aumento dos que escollen o castelán. En cinco anos, os galegofalantes pasaron dun 22,70% a un 17,29% e, a un tempo, os castelanfalantes medraron dun 14,40% a un 18,82%.
O estudo contempla o uso do galego e o castelán dentro dos núcleos familiares. Nesta liña, apunta que un 38,42% da poboación emprega o galego sempre cos seus fillos, mentres que un 43% bota man do castelán para a educación dos menores a cargo.
Dentro das árbores xenealóxicas, son os fillos e os irmáns (38,42%) xunto coas parellas (38,49%) as figuras que empregan sempre o galego. Os proxenitores, un 43,40% das nais e un 43,70% dos pais, respectivamente, son os membros familiares que se expresan sempre en galego.
Pasando da fala á escrita, un 83,31% das persoas enquisadas polo IGE redacta habitualmente en castelán e só un 15,33% emprega o galego para expresarse deste xeito. Do grupo de galegofalantes, un 72,25% utiliza o castelán para a súa redacción, mentres que só un 2,04% dos castelanfalantes modifican a lingua ao escribir.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
AUMENTO DEL 8,1%
Un año con 7 heridos graves en 40 siniestros con patinete en Galicia
INGRESOS EN LOS HOGARES
El salario solo es el 46% de la renta de los gallegos, el mínimo histórico
INCIDENTE AGRARIO
Muere un hombre tras volcar su tractor en O Corgo, Lugo
Lo último
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: domingo, 22 de marzo
BORRASCA THERESE
Ourense registra este domingo la temperatura máxima de España