O Poder Xudicial pide a unificación de inversións

O vicepresidente do Consejo General do Poder Judicial (CGPJ), Fernando de Rosa, mostrouse onte partidario de apostar por unha 'unión de intereses' á hora de investir en Xustiza por parte das comunidades autónomas e do Ministerio de Justicia nun período no que, na súa opinión, as partidas económicas poden ser 'máis escasas'.
Así o dixo no curso da Escola de Verán do Poder Judicial 'O xuíz ante os novos retos da Xustiza', onde De Rosa sinalou que nos últimos anos 'se investiu diñeiro', pero, ao seu xuízo, se realizou 'de costas uns a outros'.

'Cada comunidade autónoma ten un programa informático específico que, en ocasións, é incompatible co Ministerio de Justicia', comentou De Rosa, quen considerou que, deste xeito, tamén se 'imposibilita' a conexión entre os xulgados de diferentes cidades.

Deste xeito, segundo manifestou, o único que se consegue é xerar 'illotes' que, ao seu xuízo impiden a axilidade da Xustiza e, polo tanto, a 'calidade' dun servizo público que, ao seu entender, é tan importante como a sanidade ou a educación no sistema de benestar.

Te puede interesar