O PSdeG pide a Xunta que non faga partidismo en favor do PP

O voceiro de Obras Públicas do Grupo Socialista, Pablo López Vidal, esixiu á Xunta que 'deixe de utilizar de inmediato' as institucións públicas en beneficio do Partido Popular, en concreto a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Así o solicitou o PSdeG en iniciativas parlamentarias na que denuncia que 'dende hai bastante tempo' o titular de Medio Ambiente, Agustín Hernández, 'utiliza o seu despacho oficial' para realizar 'partidismo' cos deputados, e futuros candidatos ás eleccións municipais do PP.
Ante isto, López Vidal cualificou este 'modus operandi' como 'anómalo' nun estado democrático de dereito, e sinalou que 'se está a converter nun hábito pernicioso por parte do conselleiro'.

Ademais, o deputado socialista advertiu que este tipo de comportamentos 'rompen de xeito perigoso e intolerable as regras de xogo democráticas', ao confundir Goberno con Partido.

O voceiro de Obras Públicas de Grupo Parlamentario Socialista aludiu tamén á visita 'institucional' que o delegado territorial de Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, realizou con 'grande despregamento mediático' ás obras de reforma da PO-221 que comunica os concellos de Caldas e Moaña (Pontevedra).

Unha visita na que estivo acompañado do presidente da Deputación provincial, Rafael Louzán, pola candidata do Partido Popular en Moaña e tamén polo candidato popular en Caldas.

Ante isto, o deputado instou á Xunta a explicar cual é a razón pola cal a primeiras autoridades das zonas nas que transcorre a actuación -os alcaldes de Caldas e Moaña- 'non foi invitado a esta visita'.

Te puede interesar