STEG denuncia que a Xunta non cobre preto de 200 vacantes producidas por xubilacións LOE en secundaria

O Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galicia (STEG) criticou que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria non sacou a concurso 188 vacantes producidas polas xubilacións GABE no concurso xeral de traslados do corpo de secundaria.
Tras a publicación este martes das vacantes definitivas do concurso xeral de traslados do corpo de profesorado de secundaria, STEG denunciou que a administración galega decida non cubrir eses postos, dos que 'a maioría' son 'completamente consolidadas e evidentemente imprescindibles para o norma funcionamento dos centros'.

Sobre todo, afirman, cando 'máis dun cento destas vacantes contaban con informe positivo das inspección educativa', que ao seu xuízo o converte nun 'feito moito máis grave'.

O sindicato advirte, por iso, de que realizarán 'as oportunas reclamacións' e que, en función da resposta da Consellería, estudarán 'a posibilidade de mobilizacións xunto a outras organizacións para evitar outro recorte no ensino público'.

Te puede interesar