Un total de 52 empresas preséntanse con 396 ofertas para obter unha licenza de radio en Galicia

O secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, informou de que o concurso polo que se outorgarán 84 novas licenzas de radio en frecuencia modulada para 40 localidades galegas recibiu un total de 396 ofertas dun total de 52 empresas.
Con esta convocatoria, explicou este xoves Cabaleiro en resposta á deputada nacionalista Ana Pontón, a Xunta pretende ampliar a oferta radiofónica dispoñible en Galicia, 'favorecendo o pluralismo informativo' e a difusión da 'cultura e idioma galego'.

Non obstante, a parlamentaria do Bloque afirmou que cos criterios de avaliación incluídos na convocatoria, non quedan 'garantidos' que os criterios de 'pluralidade' informativa, estabilidade laboral e impulso dos sinais de identidade vaian ter o peso que, ao seu xuízo, é necesario.

Neste sentido, asegurou que a comisión avaliadora 'vai ter as mans libres para decidir como se puntúa' e advertiu de que 'a dereita vai copar o espazo radioeléctrico'.

'O que podo asegurares que as prioridades van ser por esta orde: uso da lingua e cultura galega, creación de emprego e estabilidade, e pluralismo informativo', replicou Cabaleiro na súa quenda de réplica

Ademais, sobre as 'alusións á dereita', Cabaleiro dixo que 'houbo catro anos para facer este concurso doutro xeito se se cre que non está garantida a obxectividade'. 'Pero eu dende logo podo garantila', remachou.

Te puede interesar