Vicepresidencia implicará ós empresarios na loita contra o acoso e a discriminación sexual

O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, anunciou onte a posta en marcha para o mes de setembro da ’marca galega de igualdade’ para empresas, asociacións e institucións públicas, destinada a loitar contra o acoso laboral e a discriminación sexual das mulleres. Trátase dun instrumento que explicitará a excelencia de quenes sexan acreedores dela. É ’un compromiso renovado coa igualdade no noso país’, segundo dixo Quintana nun acto con 200 representantes da vida sociolaboral galega.


O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, anunciou onte que o seu departamento porá en marcha o próximo setembro unha ’marca galega de igualdade’ destinada a empresas, asociacións e organismos públicos para evitar situacións de acoso e discriminación sexual e loitar contra a publicidade sexista.

Nun acto en Santiago con asociacións e empresarios, Quintana presentou a especificación técnica da guía de boas prácticas para a excelencia empresarial en igualdade de oportunidades no marco do proxecto Arco e asegurou que servirá como un instrumento para ’mellorar’ a situación da muller nas empresas. Así, indicou que esta ferramenta identificará os ’factores de desigualdade’ das estruturas empresariais e servirá para implantar ’medidas positivas’ de igualdade.

Trátase dunha nova arma, ’unha proposta de método para un compromiso renovado coa igualdade no noso país’, asegurou e indicou que esta norma é o resultado dos traballos desenvolvidos no marco do proxecto Arco. Así, salientou que este instrumento contribuirá a implantar unha serie de medidas positivas en favor da igualdade.

Entre estas medidas resaltou a de prevención e corrección fronte a os posibles fenómenos de acoso sexual e moral por razón de sexo, o fomento da aplicación dunha publicidade non sexista dos produtos e servizos, o establecemento de medidas específicas que garantan a prevención de riscos laborais das mulleres e a promoción dunha formación ’en xénero e igualdade’.

Aínda así, Quintana destacou que ’queda moito camiño por percorrer’ para acadar unha ’igualdade plena’, especialmente no mundo empresarial. Por iso, animou as empresas a sumarse a esta iniciativa para ’substituír o modelo tradicional machista de relacións’ por un novo ’baseado no respecto e no entendemento’. Ademais, insistiu en que esta nova guía de boas prácticas ’facilitará’ a empresas, organizacións e institucións na necesidade de ’superar os obstáculos’ que, actualmente, dificultan a igualdade entre homes e mulleres. Ao acto asistiron representantes de Caixanova, Caixa Galicia, Vegano ou Aenor, entre outras asociacións e institucións.

Te puede interesar