Un canto a Galicia nai

“Galicia Nai” disco co que a cantora María do Ceo celebra os seus 25 anos de traxectoria á vez que rende homenaxe a unha terra que considera propia, con poemas de soados escritores galegos 

DeFINIda a si mesma como “unha ourensana nacida en Porto”, la cantora galaico-portuguesa María do Ceo celebra os seus 25 anos de carreira cun disco dedicado a Galicia e á lingua galega. Así, “Galicia Nai” é o décimo sétimo traballo da intérprete e está composto por doce poemas de autores e autoras da terra, como o primeiro sinxelo do disco, “A Fala”, da autoría de Manuel María, máis temas baseados en poemas de Rosalía de Castro, Xosé Neira Vilas, Ricardo Carvalho Calero, Pepe Velo o Armando González López.

O traballo conta cun prólogo de Xosé González Martínez e coa música de José e Álex Salgado á guitarra e guitarra portuguesa, Fernando Campos ao baixo, Rosalía Vázquez ao chelo, Ricardo Morente ao violín e Kinhos Saburido á percusión.

-Como xurdiu a idea de facer un disco dedicado a Galicia na celebración dos teus 25 anos de carreira?

-Era o minimo que podia facer a unha terra que me da tanto apoio e inmenso cariño, xa sabes iso de ben nacidos é..., pois eu quero ser agradecida con todos os galegos e galegas e que mellor que ca miña música.

-Con que criterio foron seleccionados os poemas e como foi o proceso do seu musicalización?

-Eu queria gravar un disco totalmente en lingua galega e con poemas que falaran da nosa lingua, da muller galega e dos seus sentimentos; habia uns cantos poemas que sempre gustábanme e que eu queria musicalizar e gravar xa fai tempo, como “A Fala” de Manuel María, uns poemas de Rosalía de Castro como por exemplo “Para min non”, tamén tiña varios poemas ineditos que Xosé Neira Vilas compuxo para min, dos que eu gravei neste disco, “Asi era” e “Tres Rios”. Pero todo xurdiu en torno a un poema que Armando González compuxo para min que foi “Galicia Nai”, o poema que da título a este disco/libro, e que é unha declaración de amor a Galicia. Este mesmo autor tamén compuxo outros dous poemas para este traballo, “O Fado do Couto Mixto” e “Morada de Bagoas”, un poema moi cru pero por desgraza moi real que fala da violencia de xenero. Xosé González Martínez me falou de un poema de Xosé Velo, “Espranza”, foi toda unha sorpresa coñecer a poesia de este autor e sempre lle agradecerei que Xosé González Martínez puxera no meu camiño a este autor.

-A estas alturas da túa carreira, que tan galega e, en particular, que tan ourensá percíbesche?

-Creo que son unha ourensana nacida en Porto, xa son moitas decadas vivindo en Ourense, en Galicia, sempre agradezo aos galegos o seu cariño, e sinceramente penso que sin ese apoio eu non existiría como artista.

Te puede interesar