Louise Gluck, en galego

Lo veo

"Noite fiel e virtuosa" é o último libro da ganadora do premio Nobel 2020, a norteamericana Louise Gluck, que usa por primeira vez a prosa nos seus poemas nunha estimable traducción de Manuel Solleiro

Publicado: 17 sep 2021 - 05:02 Actualizado: 18 sep 2021 - 00:21

gluck.jpg_web
gluck.jpg_web

Andan os editores en castelán de Louse Glück, Premio Nobel cáseque do trinque (os poetas, en xeral, nunca morren, xamais pasan de moda, como acontece cos novelistas, ¿quen lembra agora a Pearl S. Buck, posuidora dunha chea de lectores, en todo o mundo, cando a “nobelizaran”?), andan, digo, as pelexar polos seus dereitos. Pre-Textos e Visor, un supoñer, ás loitadas, e -no interín- vai Chan de Pólvora, modélica editora galega, e pon nas nosas mans unha moi boa traducción dun libro clave da poeta neoiorquina, Noite fiel e virtuosa.

O traductor, o poeta Samuel Solleiro, quen o fai moi ben, entre outras cousas porque se achega ao orixinal sen ánimos recriadores mais sendo capaz de facer que boie ou flúa un verso lixeiro cal o desta autora. Á quen se lle entende case todo, agás algunha suxerencia lenemente surreal, o que non quere dicir, lástima fora, que a poeta navegue por augas pedestres ao nos narrar o seu periplo familiar. Incluído ese sobriño canoro que acompaña a súa última soidade, con cancións de “The Sound of Music” (incriblemente traducida aquí como “Sorrisos e bágoas”) ou –estou seguro de que se trata desta- unha marabilla de Jacques Brel (aludido por Glück en máis dun momento) chamada “Les vieux”. Sospeito que dela fala, tan maxistral como chea de saudades duras autora, ao referirse ao gato que está morto (na canción breliana, “le petit chat es mort”). Porque este libro, toda unha xoia (e falo, tamén, da versión e edición galegas), ten que ver coa vellez que nos agarda aí, á volta, coas súas poutas. E, mentres, imos chegando a sombra delongada de cantos nos foron precedendo. Os que viñeran antes de Louise Glück, imposible lela e non amala, en melancólica estadea. Non, non fai falta que a poeta os nomine. Xa se van nomenando de seu. Dictados por unha autora tan elexíaca como a vida mesma.

Non, compre non perder de vista este libro, onde noite (night) xoga con cabaleiro (knight), fonética moi semellante, nun xogo decididamente medieval. Que nos levaría a Jorge Manrique, aínda que o máis probable é que Louise Glück non o teña lido. ¿E que máis ten se aquí a noite é, decididamente, un río? Un río que vaia ou non dar no mar é fiel e virtuoso, naturalmente. Un libro, imprescindible.

Contenido patrocinado

stats