Luz, más luz

2020072412552925231

David Rey  é un poeta de moitos estalos , que compre ler coa presa lenta. a súa obra é poesía pura máis humanísima. “los contornos ardientes de la tierra” ven carregada de luz, de reconstrucción das orixes.

Temos en Galicia un poeta, en español ou castelán, que das dúas maneiras pode dicirse, neste caso, de moitos estalos. De foguetes, cal aqueles do fogueteiro Millarengo, de Neda, a un paso de Ferrol, de onde vén sendo este poeta, proxectados cara ao ceo máis limpo. Un poeta que se chama David Rey Fernández, nado en 1985, quen con apenas dous libros publicados, o primeiro, Las alas de una alondra madrugando, Premio de Poesía Joven Antonio Carvajal, o segundo, o que me ocupa hoxe, demostra que o poético é un mester lentísimo se de verdade acreditas nel. O narrativo, tamén, se te chamas Juan Rulfo. 

Así as cousas veño de ler fascinado a segunda entrega de Rey, Premio de Poesía Mística San Juan de la Cruz. Ou sexa que Rey Fernández disparo que ceiba albo que acada. O que quer dicir o xusto. 

Esta entrega vén carregada de luz, de reconstrucción das orixes, de home tan incadirnado na paisaxe que mesmo se fai fluvial cando se trata do Eume, ou oceánico, cando entra en materia o Atlántico. Mais estas referencias, culturais, dun culturalismo con cultura, lástima fora, hai outra referida a un asceta, Fray Luis de León, non deteñen unha viaxe interior, peneirada –iso si- pola exterioridade na que se verque un poeta que pide encher de flores as beirarrúas. Moi grande este poeta que se nutre de luz, que enche a boca a e a man de luminosidade, no que eu percibo pegadas remotas de Dylan Thomas, Pablo Neruda ou Claudio Rodríguez. Remotas ou veciñas, que en poesía de puro saberse todo nunca se sabe. Súbese, en cambio, cando o poeta ten ese don da ascensionalidade. Poesía do coñecemento, pois, aínda que servida, en bandexa de prata antiga, desa experiencia que outorga o vivir. E facer do seu mester, aquel “mestiere” de Pavese esnaquizado no Hotel Roma, poesía pura. Tan deostada polo persoa calzado con anteolleiras. 

portada-contorno4-25-05-2020Poesía pura mais humanísima. Porque aquí tan soamente hai un home que pode dicir, cal o mestre de Fontiveros, “voy de vuelo”. Alleo a todo canto non sexa a súa vocación e instinto literarios. Un poeta de moitos estalos que compre ler coa presa lenta, “festina lente”, da poesía certa. A que exerce David Rey Fernández, avogado en exercicio en Ferrol (Coruña), mais –en realidade- outra cousa. Moito máis outa.

Libro  Los contornos ardientes de la tierra     
 | EditorIAL gollarín| autor   David Rey Fernández| precio  19 euros. 

Te puede interesar