GRUPOS MUSICALES
La playlist de... LISE L.
Piera é unha poeta tan tensa e intensa que non oferece moitas facilidades ao lector senón a de enguedellalo na súa poesía. Desta volta precedida por un título enigmático, que tal semella como fuxido dun cómic ou dunha película de ciencia-ficción. Acontece que mala cousa a poesía que precisa explicacións. O único que, pois Mórdomo ten moito de Galicia, e eu teño estado en Mórdomo, camiño ou de volta de Camelle, onde o tedesco aquel, e Grinda xa está no libro de Piera con maneiras de illa, enigma resolvido. Ou non. Que a poesía, xa se dixo, non precisa de coartadas. Esta, a de Julia Piera, nun dos libros máis fermosos do ano, escrito en Salamanca, na “dorada charrería” do imposible Aníbal Núñez a gañar batallas tres décadas logo de morto, ten un pouco de todo, neste concepto pierano de poética total a partir, non obstante, dunha sublime economía expresiva. Onde entran (e saen os) temas de amor, morfoloxía do corpo, bestiarios e un senfin de confluencias e vencellos que nos alcenden o espírito desde un concepto radical mais tocado por esa aparente, ollo coas apariencias que xa se sabe que enganan, frialdade.
Mais con temperatura baixa que poidendo ser extraña para o corpo cando batemos con ela termina sendo benéfica. Poesía cun aquel mística, e mítica, a desta poeta madrileña (de 1970), tamén polo tratamento ascético, primeira fase do proceso místico como se sabe, do corpo e derivados. Con mans que nos remiten a eses insectos chamados saltóns. En español, saltamontes, que non é mala hipérbole. En inglés, máis modestamente, “grasshoppers”. Mais Julia Piera fala tamén de búfalos ou corvos mariños, estes últimos tan descompensados cal os seus berros, que non chíos.
Este conxunto delicadamente exótico fai un libro diferente, cal esa ponla da literatura, non nada explicable, que chamamos poesía. Esa ponla tan particular, deseñada por xente exótica, que Antonio Gamoneda, outro “raro”, tamén no seu percorrido, propoñía afastar dos planos da literatura. Materia cartográfica diferente, cal procurar no mapa conceptual lugares como Grinda ou Mórdomo. Que se cadra seguen estando. E se non, francamente, tanto nos tería. ¿Nonsi? A que tamén está é a poeta galega Chus Pato. E que ben.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
GRUPOS MUSICALES
La playlist de... LISE L.
LAS PARISINAS PYTHIES
El público ourensano será testigo de una combinación única de rock feminista y brujería
UN PROFESIONAL COMPLETO
Lucky Seoane, un compromiso con el bienestar emocional a través del cuidado personal
GRUPOS MUSICALES
La playlist de... Arrhythmia
Lo último
CAPITALIZACIÓN RÉCORD
Inditex bate récord en Bolsa tras subir un 12% en el 2025
POR UNOS VÍDEOS Y AUDIOS
La UD Ourense despide a Gamarra por un acto grave de indisciplina