GRUPOS MUSICALES
La playlist de... LISE L.
Lora González e Noelia B. Rodríguez son as responsables de Salsa Gaucha, unha firma ourensá que mira cara ás mulleres do rural co firme compromiso de ofrecer unha moda sostible e con conciencia.
Como naceu Salsa Gaucha?
Lora: Salsagaucha era o meu nome en redes sociais, son descendiente de arxentinas e tiña un significado persoal. Decidín que quedaría co nome para a empresa despois de que Ybarra me pedira que llo cedese en redes sociais. A cambio pedinlle unha cesta de salsas, e como non ma enviaron… aquí estamos.
Apostades pola sostenibilidade e a artesanía. Cal é a vosa filosofía en torno á industria da moda?
Noe: Moda con sentido. Crear prendas de calidade, de forma que sexa necesario consumir menos. Non nos gusta a roupa de usar e tirar.
Apostades tamén por unha producción local. Cales son as vantaxes de producir aquí?
Noe: Poder controlar o proceso produtivo, asegurándonos que o que vendemos cumpla a calidade que queremos ter. Crear unha alianza con proveedoras, artistas, comercio local…como forma de crecer xuntas.
A nivel de deseño, como xorden as coleccións? En que vos inspirades?
Lora: Salsagaucha nace como marca no confinamento e isto marcou claramente os deseños e ilustracions das nosas prendas. Nacimos nun momento no que queríamos mudar a forma que tiñamos de relacionarnos co traballo, coa familia e co entorno. Por eso a inspiración ven sempre das mulleres do rural, das cousas que nos rodean, e do panorama actual. Poñemos en valor os ofícios tradicionais, a artesanía… E é aquí onde creamos o conxunto do que somos.
Unha parte importante das vosas orixes está no bordado, unha técnica que está vivindo unha nova época dourada. Que representa para vós? En que medida se retroalimenta co resto da vosa firma?
Lora: Unha das cousas que mais disfruto son os obradoiro de bordado. Encántanos coñecer as nosas clientas, viaxar e compartir. Para min todo o que se fai coas mans é divertido. Gústame experimentar e crear, e ,como facemos con todo, tratar a técnica tradicional con deseños moi actuales: facer bordado para todas.
As vosas pezas responden a un tipo de personalidade e forma de vida. Quen son os clientes?
Noe: Xente diversa. Seguramente esperes que sexa xente xoven, normalmente muller e feminista. Sen embargo atopámonos coa agradable sorpresa de que a xente mais maior entende mellor o humor e as “segundas” das nosas mensaxes.
A nivel empresarial. Como está sendo abrirse paso?
Noe: Como xa sabemos todas son uns momentos complicados, a xente aínda ten medo e hai meses bos e meses malos. Por outra banda a crise ten esa parte de que dá oportunidades para quen as sabe aproveitar. Para nós foi unha porta cara traballar no que nos gusta, e xa que non había emprego, quixemos poñer en marcha unha idea que xa rondaba as nosas cabezas :era o momento.
Que papel teñen que xogar marcas como a vosa no panorama actual da moda?
Lora: Ofrecer unha alternativa ao fast fashion. Aínda que sigamos a tendencia, as pequenas creadoras temos a oportunidade de desmarcarnos facendo unha moda diferente e sobretodo, dun xeito diferente: unha moda que consuma os recursos mínimos e que sexa creada con cariño, non en talleres con malas condicions laborais. Queremos vivir do noso traballo, sen pisar a outras.
A nivel de estilo, como vestimos en Ourense?
Noe: Penso que Ourense se considerou sempre como das cidades mais elegantes a hora de vestir. Aquí a xente coida o seu aspecto ainda que só saia a tomar un café. Ourense sempre tivo grandes modistas e modistos con firmas importantes que penso que influiron no bo gusto da cidadanía.
Cal é o futuro da moda?
Noe: Penso que se reducirá o número de coleccións porque non é sostible. É algo que vexo que está pasando, que non me gusta é que van desaparecendo moitas tendas fisicas, e que despois do vivido co covid, a tendência é o comércio online.
E o de Salsa Gaucha?
Lora: Estamos facendo non só roupa, senon creando comunidade. Gustamos de compartir con outras creativas e colaborar en proxectos. Pode que o futuro non esté só en confeccionar.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
GRUPOS MUSICALES
La playlist de... LISE L.
LAS PARISINAS PYTHIES
El público ourensano será testigo de una combinación única de rock feminista y brujería
UN PROFESIONAL COMPLETO
Lucky Seoane, un compromiso con el bienestar emocional a través del cuidado personal
GRUPOS MUSICALES
La playlist de... Arrhythmia
Lo último
ESTATUAS PROFETAS JEREMÍAS Y EZEQUIEL
Santiago recibe las esculturas del Pórtico de la Gloria tras 70 años fuera de la ciudad
PROGRAMACIÓN NAVIDAD 2025
El centro comercial Ponte Vella arranca su programación navideña con ocio, talleres y visitas mágicas
143 DÍAS EN EL MEDITERRÁNEO
España mantiene los días de pesca en 2026 tras acuerdo con la Unión Europea