Elecciones Municipales 2023

Elecciones municipales 28M | O desenvolvemento económico, a principal ferramenta para asentar poboación en Verín

28MVerin
photo_camera 28MVerin

Á alcaldía do Concello de Verín preséntase o grupo socialista, o Partido Popular, os nacionalistas e VOX. Falamos cos candidatos a ocupar a cadeira da alcaldía os vindeiros catro anos, con compromiso cos veciños da vila. 

 

Os candidatos nestas eleccións municipais en Verín responden a tres preguntas sobre o último mandato, as prioridades para a vila de Verín e sobre os obxectivos da súa candidatura para o 28M. 

Gerardo Seoane (PSOE)

Gerardo Seoane
Gerardo Seoane

Como valoran estes catro anos do Goberno municipal?

O mandato foi escaso, debido á pandemia que afectou bastante á xestión, pero no que practicamente logramos facer tanto ou máis que na primeira lexislatura. Vese no balance municipal que aparecerá no Consello de Contas, pasamos dun balance de 33 millóns de euros a uns 61 millóns de euros, case o dobre. Neste balance destacan as inversións, mentres que o gasto case non se move.

Cales son as prioridades e as necesidades que ten actualmente a vila de Verín?

Hai prioridades a curto e longo prazo. As prioridades a curto prazo son rematar os proxectos que xa comezamos e nos que nos centramos estes anos: a humanización da vila, seguir consolidando o tema cultura, e sobre todo, poñer en marcha o proxecto económico, algo máis a longo prazo. Falamos o outro día da creación dun polígono agroalimentario, onde poñemos en valor as nosas terras e unha transformación agrícola, tendo en conta que somos unha terra de auga, viño e agricultura. Hai que centrarse no aspecto económico e na creación de emprego, que é no que estamos.

Respecto ás necesidades o Concello ten moitas, principalmente a administración. Está moi desequilibrada, pois os problemas prodúcense principalmente en tramitación, hai que modernizala e darlle un golpe en canto á administración da casa consistorial se refire. É un quiste moi difícil, todo o que fixemos para renovala non foi adiante e o peor é que non temos interventor, funcionarios A, nada…

Que obxectivos se marcan para este 28M e os vindeiros catro anos?

Eu creo que a xente é moi consciente do que fixemos, o propio balance municipal mostra o nivel de actividade: en oito anos dobrar o nivel de actividade dun concello require un esforzo e unhas ideas bastante claras. Eu creo que a xente si que o vai a ver. Respecto ao panorama actual, como todo está bastante polarizado, penso que as cousas poden saír un pouquiño mellor que como están agora, senón confío en que quede como estamos.

Diego Lourenzo (BNG)

Diego Lourenzo.
Diego Lourenzo.

Como valoran estes catro anos do Goberno municipal?

Considero que para partir dunha base debemos partir do cambio de goberno que se produciu no ano 2015. Tiñamos un proxecto de cambio para Verín que fomos capaces de instaurar nese primeiro mandato e unha continuación neste. Valóroo positivamente, creo que xa sentamos definitivamente nas bases dun Verín que pensa na cultura, que aposta pola rehumanización, polas persoas, e polo benestar social. Este mandato estivo marcado por unha pandemia, non nos podemos esquecer, con medidas impostas pero tamén con outras medidas que se puxeron en marcha en Verín como foron axudas directas á hostalería ou o non cobro de taxas a hostalaría e comercio. Foi un bo mandato en termos xerais.

Cales son as prioridades e as necesidades que ten actualmente a vila de Verín?

As prioridades de Verín son seguir traballando na liña que marcamos, na liña do desenvolvemento social e cultural e tamén facer fincapé en algo que eu entendo que é fundamental: o modelo de ordenación e o modelo económico. Non cabe ningunha dúbida de que estamos ante un reto demográfico importante, temos un envellecemento da poboación moi alto e non conseguimos asentar no territorio persoas novas. Temos que pensar colectivamente, e para min hai unha cuestión fundamental que é o desenvolvemento do polígono de Tamagos para ter solo de calidade. Debemos seguir esixindo ante a Xunta para poder facelo. Outra ferramenta pola que levamos tempo loitando é a construción dunha gardería infantil, unha demanda que existe a día de hoxe.

Que obxectivos se marcan para este 28M e os vindeiros catro anos?

Eu creo que as maiorías absolutas non van a existir. Creo que estamos ante un cambio de paradigma en moitos sitios no que ten a ver coa pluralidade política. O noso obxectivo é poder liderar o próximo Goberno municipal, por experiencia, por forza, por programa e por convicción. Estamos seguros que cun goberno liderado polo BNG, dentro de catro anos, a valoración sería moito máis positiva.

Lara da Silva (PP)

Lara da Silva.
Lara da Silva.

Como valoran estes catro anos do Goberno municipal?

Estes últimos catro anos, dende o punto de vista do Partido Popular, foron anos nos que Verín perdeu moitísimas oportunidades, que dende logo serían importantes para dar solucións aos problemas reais da xente. Agora mesmo atopamos un Verín illado, sumido na decadencia. Baixamos aproximadamente un 7% de poboación nos últimos anos, máis de 60 establecementos pecharon, as empresas pasaron de largo… A situación socioeconómica é francamente delicada, tendo en conta que se deben millóns de euros en facturas a provedores. Non se está a traballar nun Verín no que os intereses de todos os veciños sexan o eixe central da xestión pública. 

Cales son as prioridades e as necesidades que ten actualmente a vila de Verín?

A principal prioridade en Verín é investir e non gastar, que é o que se leva facendo ata agora. Verín precisa que os cartos públicos sexan de utilidade pública, que é cando verdadeiramente se inviste. O resto é gastar. O noso programa, pensamos que é suficiente solvente en aspectos de emprego, industria, sector primario, servizos sociais, deporte, turismo ou termalismo. 

Actualmente o Concello debe, primeiro de nada, arranxar a súa situación económica, que é a situación de todos, non o esquezamos. E segundo, deberíase dotar ao Concello dunha organización administrativa forte, estable e profesional. 

Que obxectivos se marcan para este 28M e os vindeiros catro anos?

Nós somos un equipo humano, humilde e con forza para traballar por un Verín que de verdade medre entre todos. POlo tanto, saímos a gañar o 28M, sen renunciar a nada. O que buscamos é contar coa confianza deses veciños que sempre tiveron claro que votar ao Partido Popular de Verín é a opción gañadora, ademais de recuperar a confianza daqueles que no seu momento optaron por outra opción. Coido que os veciños saben que o Partido Popular é, e vai a ser, o partido de Verín, un partido forte, estable, responsable e centrado.

Domingo Otero (Vox)

Domingo Otero.
Domingo Otero.

Como valoran estes catro anos do Goberno municipal?

Estuvieron de espaldas al principal problema de Verín, que es el estancamiento socioeconómico de la villa. Además, fueron cuatro años de pasividad ante el aumento desmesurado de gasto político innecesario. De lo que hizo el Gobierno municipal estos años, yo cambiaría la forma de inversiones, que estuvo  más centrada en maquillar la imagen visual que en atender las necesidades y servicios fundamentales de los vecinos de Verín, así como la gestión, que debería enfocarse a la ampliación del tejido industrial.

Cales son as prioridades e as necesidades que ten actualmente a vila de Verín?

Las prioridades que tiene Verín son la eliminación del gasto político innecesario; la rebaja radical de impuestos; el apoyo a las empresas, autónomos y comercio local, así como la mejora de infraestructuras de calidad y generación de empleo para Verín. 

Respecto a las necesidades de la villa, es importante responder a las demandas e iniciativas que están en la mente de todos los vecinos, así como dar voz a los cientos de votantes de Vox que confían en la alternativa de este partido. El equipo de Vox se centraría en diez medidas que proponemos y que forman un todo, cada medida influye en las demás. El equipo se formaría con todas aquellas personas que comparten estas medidas. Nuestras medidas son, pues, la eliminación del gasto político innecesario, la rebaja radical de impuestos, un ayuntamiento al servicio de las familias, medidas para paliar la situación de emergencia social de familias, apoyo al sector económico, apostar por infraestructuras de calidad, apoyar los servicios de sanidad y educación, y crear un Verín limpio, cuidado, seguro y atractivo, además de una administración ágil y justa y la protección de nuestras tradiciones y patrimonio. 

Que obxectivos se marcan para este 28M e os vindeiros catro anos?

Hemos salido a ganar. Cualquiera otra situación, como entrar en la oposición, sería estudiada tras la celebración del 28M.

Te puede interesar