Albarellos vivirá a súa xornada entroideira o 4 de febreiro
Alberto Rodríguez: "Non queremos sacarlle nada a ningún pobo, a idea é xuntarnos e desfrutar"
Os veciños de Albarellos organizan o IV Encontro Preentroido. “É unha iniciativa que comezou fai catro anos co obxectivo de darlle vida ao noso pobo e facer algo entroideiro nas datas previas a súa celebración na comarca”, explica Alberto Rodríguez, veciño de Albarellos.
Así, dende entón, todo aquel que queira participar pode poñer as súas chocas saír a correr por Albarellos acompañado dos bombos do grupo Trebón do Mildeu. “Non queremos sacarlle nada a ningún pobo do redor, dado que xa o facemos un fin de semana que non hai nada, o que queremos é xuntarnos con xente que lle gusta correr coas chocas, o son dos bombos, xente disfrazada e pasalo ben, e así poder vivir algo de Entroido en Albarellos e darlle vida aos locais hostaleiros na época de inverno”, engade.
Este ano a cita celebrarase o 4 de febreiro. “Quedamos sobre ás 19,30 horas na praza Ángel Medeiros, e este ano hai moitas novidades”, remarca Rodríguez. Por primeira vez, os veciños de Albarellos organizan unha churrascada ás 21,30 horas. Para desfrutar da velada cada comensal deberá abonar seis euros nos establecementos de Albarellos ou no número 649 74 81 27. Ademais, durante a xornada entroideira tamén haberá unha charanga para tocar nas paradas que faga a comitiva das chocas, así como un dj para o remate da cea.
Ademais, os veciños tamén lanzan unhas rifas -por un euro- para poder financiar parte dos gastos que supón a organización do IV Encontro Preentroido de Albarellos. “Sortearemos unha cesta con produtos para un cocido tradicional que se fará coincidir co sorteo da lotería nacional do mesmo día, 4 de febreiro”, conclúe Alberto Rodríguez, orgulloso da iniciativa veciñal para crear movemento en Albarellos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PATRIMONIO Y NATURALEZA
Pinchos, vino y deporte, las claves de la Revolta Irmandiña de Verín y Monterrei
EVENTO PARA PROFESIONALES
San Sebastián, un nuevo escaparate para mostrar los vinos de la D.O. Monterrei
REFUERZA SU PRESENCIA
Mallorca, nuevo escaparate para los vinos de 22 bodegas de la D.O. Monterrei
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
SUBSTITUYE A ENRIQUE ÁLVAREZ
La Alcaldía de Vilamartín ya la ocupa Sherezade Núñez
CRUCE DE DECLARACIONES
Giorgia Meloni lanza un mensaje a Donald Trump: “Ni yo ni Italia suplicamos jamás”