LUCHA CONTRA INCENDIOS
La base de Verín-Oímbra cuenta con nuevo avión
Concerto
O vindeiro sábado, o Auditorio Municipal de Verín recibe a catro artistas musicais a través da Rede de Auditorios de Ourense (ReaOu) da Deputación de Ourense.
Os encargados de encher o recinto de música son o grupo "Medela Cuarteto Latín Jazz", que ofrecerá unha visión máis ampla e pedagóxica dos diferentes estilos da música moderna, penetrándo na música latina e no jazz.
Este grupo xorde a raíz de que Pablo Añón, prestixioso saxofonista do panorama internacional, se unira a un trío consolidado como músicos residentes no Café Latino de Ourense, templo do jazz galego: Alfonso Medela, pianista e compositor, Luís Vivas, un baterista versátil en todos os estilos de música moderna, e Loren Tabarés, un dos pioneiros do jazz en Galicia.
Deste xeito, os amantes da música poderán desfrutar desta actuación musical que aterra no Auditorio o sábado ás 12:00 horas, con entrada gratuíta. Iso si, dende o Concello recordan que é preciso reservar asento para controlar o aforo e cumprir as normas sanitarias establecidas polo covid-19.
As entradas estarán dispoñibles dende mañá xoves no propio Auditorio, en horario de 17:00 a 20:00 horas. Cabe salientar que teñen preferencia os alumnos do Conservatorio de Música de Verín (Cmus).
A iniciativa, organizada polo Concello de Verín a través da Deputación, xorde a petición da Asociación de Nais e Pais de Alumnos (Anpa) do Cmus de Verín, na súa labor e traballo por visibilizar o potencial musical e ofrecer unha ampla gama de actividades relacionadas coa música na vila do Támega.
Así, os pais e nais dos alumnos do Conservatorio, en colaboración con toda a directiva e mestres da escola de música, buscan a maneira de potenciar a música na vila, xa que "como demostramos, cremos que é moi importante dinamizar o consevatorio e que si que ten futuro na nosa vila", conclúen dende a Anpa.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
LUCHA CONTRA INCENDIOS
La base de Verín-Oímbra cuenta con nuevo avión
CULTURA PARA A IGUALDADE
Monicreques e cabaret infantil na comarca de Monterrei
PRODUTOS GALEGOS
Aposta firme por viños de calidade
ENTRADA GENERAL A 8 EUROS
Monterrei apunta a un verano récord con 140.000 visitantes
Lo último
HERIDAS DE ARMA BLANCA
Asesinada una mujer de 47 años por su pareja en Huelva
PREVISIÓN DEL TIEMPO
Ourense despide el mes de agosto con lluvias y sol durante el último fin de semana
DESBORDAMIENTOS EN LA CARRETERA
Vídeo | Un derrumbe mantiene cortado un carril de la N-120 entre Ourense y Monforte tras las intensas lluvias