Avanzan as obras na igrexa de San Bartolomeu de Berrande, en Vilardevós

photo_camera Gabriel Alén, delegado territorial da Xunta en Ourense, acompañado de Manuel Cardoso, alcalde de Vilardevós, visita a igrexia de San Bartolomeu en Berrande. (Vídeo: Concha Caneiro).
Gabriel Alén visitou el Concello de Vilardevós

A igrexa parroquial de San Bartolomeu de Berrande, no concello de Vilardevós, está incluída no Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia, polo que a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, investiu 200.000 euros na súa rehabilitación.

As actuacións na construción, que finalizarán no mes de maio, abarcan a substitución integral da cuberta existente, intervencións de limpeza e rexuntado, a colocación dunha estrutura metálica singular sobre o oco existente na torre do campanario para evitar a entrada de auga, a restauración do sistema portante das campás, a renovación das carpinterías existentes e a substitución do pararraios da instalación, entroutras. 

Ata o lugar achegouse Manuel Cardoso, alcalde de Vilardevós, Jesús Nsue, párroco do municipio, o operario da obra e Gabriel Alén, delegado territorial da Xunta en Ourense, para supervisar o avance das obras para a rehabilitación desta igrexa do ano 1792.

Ademais, Cardoso tamén se reuniu este mércores con Alén para falar sobre os asuntos de interese do Concello de Vilardevós con respecto a Administración pública.

Na cita -dentro da rolda de visitais institucionais de Alén-, os principais asuntos que se repasaron foron en materia de augas e saneamento.

Te puede interesar