DENOMINACIÓN DE ORIGEN
La vendimia en Monterrei se cierra con otro récord, 8,7 millones de kilos
Videoconferencia
A Biblioteca Pública Municipal de Verín, no seu programa de videoconferencias, acolleu este venres o coloquio “Escribir o pasado. Contar historia na narrativa, presentación da última novela Fierro”, impartida polo escritor Francisco Narla.
Nesta videoconferencia participaron un total de sesenta alumnos e alumnas de diferentes centros educativos de Verín: o IES Castro de Baronceli, o instituto Xesús Taboada Chivite e o Colexio Plurilingüe María Inmaculada.
Durante máis de media hora, o escritor Francisco Narla faloulles aos escolares, dunha maneira amena e próxima, sobre as singularidades da Novela Histórica.
Ademais, o autor lucense presentou aos participantes o seu último libro, baixo o título “Fierro”, unha novela histórica ambientada nos tempos da Reconquista no século XIII.
Este evento forma parte do programa de videoconferencias temáticas online, organizado pola Biblioteca de Verín, que ten como primeiro público aos alumnos dos centros educativos da vila. Posteriormente, as charlas están a disposición do público xeral na canle oficial de Youtube da entidade.
As próximas videoconferencias serán o 7 de maio co escritor e xornalista Domingo Villar, o 21 de maio coa escritora e avogada Ledicia Costas e, a derradeira, o 3 de xuño coa escritora Eva Mejuto
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DENOMINACIÓN DE ORIGEN
La vendimia en Monterrei se cierra con otro récord, 8,7 millones de kilos
53ª GRAN QUEIMADA
Castrelos de Cima conxurou de madrugada a súa queimada
SERVICIO MANCOMUNADO
Alianza de tres concellos de Monterrei para gestionar el agua de forma conjunta
Lo último