A biblioteca de Verín estrea unha mostra sobre o ilustre psicólogo Eloy Luis André
INTELECTURAL VERINÉS
A exposición vai acompañada dunhas xornadas sobre a figura de Eloy Luis André organizadas polo Consello da Cultura Galega e o Concello de Verín
A biblioteca pública municipal de Verín acolle dende o luns a exposición “Silencio, soidade, carácter”, centrada no psicólogo, filósofo, pedagogo e escritor nado na vila verinesa en 1878.
A exposición, organizada por Autora Prieto, Miguel Losada e Vicente R. Justo, fai un percorrido polos momentos máis intensos da vida de Eloy Luis André e a súa obra.
Esta mostra ubícase no primeiro andar da biblioteca, e pódese visitar libremente de luns a venres de 10,00 a 13,30 e de 16,00 a 20,30 horas, e os sábados de 11,30 a 13,30 horas.
Xornadas sobre a figura do psicólogo e filósofo
Acompañando á exposición, o Consello da Cultura Galega e o Concello de Verín organizan unhas xornadas sobre a figura do intelectural verinés, cunha serie de charlas que terán lugar no salón de actos da vila os xoves 3, 10, 17, 24 e 31 de outubro, ás 19,30 horas.
A primeira delas, a cargo do psicólogo Xosé Ramón García Soto, leva por nome “Psicoloxía: cambio social e perfección persoal”, e afondará no labor de André como iniciador da psicoloxía en España.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
53ª GRAN QUEIMADA
Castrelos de Cima conxurou de madrugada a súa queimada
SERVICIO MANCOMUNADO
Alianza de tres concellos de Monterrei para gestionar el agua de forma conjunta
OTRO HERIDO EN SAN CIBRAO
Un herido y trasladado en un fuerte choque entre un coche y un camión en Monterrei
Lo último
460 HECTÁREAS CALCINADAS
Drones investigan el origen del incendio forestal en Calvos de Randín
DE NUEVO, LOCALES
El Ribeiro repite en casa ante el Novás
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
Morrer antes de caer