O Centro do Viño de Verín disporá dun espazo para a cata

IMG20230331161418
photo_camera Jonatás Gago e Gerardo Seoane visitaron o inmoble.
O Concello de Verín e a DO Monterrei colaborarán neste proxecto vitícola

O futuro Centro de Difusión do Viño de Monterrei, que se emprazará no novo museo de Verín, contará con 500 metros cadrados para divulgar o valor dos viños da comarca e dar a coñecer as súas particularidades. Para iso, o Concello de Verín e a Denominación de Orixe Monterrei firmarán un convenio de colaboración para traballar conxuntamente neste proxecto e buscar o financiamento adecuado a través dos fondos Next Generation. 

Jonatás Gago, presidente da DO Monterrei, e Gerardo Seoane, alcalde de Verín, visitaron o antigo edificio de Almacéns Recaredo Romero para coñecer o seu estado e comezar a imaxinar o seu futuro. “Actualmente o viño é un dos maiores activos e futuro de Monterrei”, anotou Seoane na visita ao que será un centro que explique os valores dos viños de Monterrei, “unha prioridade e unha obriga para todos os que cren no desenvolvemento da comarca”, engadiu o rexedor.

O futuro Centro de Difusión dos Viños de Monterrei estará localizado nas antigas adegas de Recaredo Romero, nas que se forxou o xerme da que foi a Cooperativa de Monterrei e, indirectamente, da actual denominación de orixe. O espazo contará cunha gran sala técnica de cata, ademais de espazos para promover os caldos, como unha zona adicada aos emprendedores e adegueiros e un espazo de mostra, susceptible de converterse en plataforma comercial. 

Lugar icónico

“O empresario Recaredo Romero foi un pioneiro na modernización do viño de Monterrei, e xogou un papel fundamental na creación da cooperativa”, coincidiron los representantes de ambas entidades en este novo edificio público. Agora, a vella adega -localizada na parte posterior do complexo comercial- albergará un “pioneiro” centro divulgativo, dentro do conxunto das instalacións do novo museo municipal.

Este proxecto nace da idea do ente municipal de que “os viños de Monterrei son un dos valores do futuro económico da comarca, e o mellor favor que podemos facerlle dende a capital comarcal é ensinarllos e explicarllos a todos e cada un dos visitantes que pasen pola vida”, destacou Seoane Fidalgo.

Te puede interesar