Chaves e Verín comparten a educación viaria entre os rapaces

O municipio de Chaves acolle hoxe a segunda xornada da 'II Semana da Educación e Seguridade Viaria', organizada pola Eurocidade Chaves-Verín, e destinada a mostrar actuacións conxuntas ós cidadáns das dúas poboacións en materia de educación e seguridade viaria.
Como na xornada anterior, as actividades desenvólvense no auditorio do Centro Cultural de Chaves. Durante todo o día os alumnos das escolas de Infantil e Primaria poderán visitar a exposición de material didáctico sobre educación e seguridade viaria, organizada pola Xefatura Provincial de Tráfico de Ourense, A.G.C. Tráfico de Verín, Polícia de Segurança Pública e Guarda Nacional Republicana. Entre as 11 e 12.30 horas terá lugar unha exhibición de medios da Guarda Nacional Republicana, Polícia de Segurança e Corporaçôes de Bombeiros de Chaves, e para finalizar a xornada, entre ás 16.30 e 18.45 horas, teatro sobre educación para a seguridade viaria, organizado pola Xefatura Provincial de Tráfico de Ourense e Grupo de Teatro Talia do IES Carlos Casares de Viana do Bolo, e destinado ós alumnos de Secundaria de Chaves.

A 'II Semana da Educación e Seguridade Viaria' constitúe un proxecto innovador no ámbito da educación e seguridade viaria dado que ofrece a posibilidade de unir esforzos e intercambiar experiencias.

Te puede interesar