SALÓN INTERNACIONAL
La feria WineMad recibirá a 17 bodegas de la D.O. Monterrei
AUDIOVISUAL
A meirande parte de concellos da comarca de Monterrei forman parte dos escenarios escollidos pola produtora galega Zeitun Films, para rodar Tralovento, a nova longametraxe do cineasta pontevedrés establecido en Verín Eloy Domínguez Serén.
Paisaxes e ubicacións de Cualedro, Laza, Monterrei, Verín e Vilardevós, así como da localidade limiá de Vilar de Barrio, serán protagonistas nun filme “indisociable da comarca de Verín, á que levo moito tempo vencellado e que tanto aprendín a admirar e amar co paso dos anos”, en palabras do seu director. Serén dirixiu Rompente, elixida mellor curtametraxe no Festival de Málaga.
O produtor Felipe Lage, xunto co cineasta Eloy Domínguez, estiveron nos últimos meses en Monterrei na procura das localizacións nas que se desenvolverá a película. Ademais, consideran que “esta é unha magnífica oportunidade para amosar a un público nacional e internacional o extraordinario valor paisaxístico, natural, patrimonial e humano do interior da provincia de Ourense”.
O director Domínguez Serén destaca ademais “a paisaxe desta zona de Ourense, hipnótica e enigmática ao tempo. Cada secuencia foi escrita cun val, unha montaña, un río, unha rúa ou unha estrada desta comarca en mente”.
O guión de Tralovento narra a historia da Ana, que regresa á súa vila natal trala morte do seu pai, de quen herda unha vivenda calcinada, un feixe de terras e o taller de mecánica familiar.
Tralo enterro, sente a necesidade de rematar as obras de mellora que o seu proxenitor iniciara. Ana atopa aos seus veciños divididos por un conflito coa enerxía renovable, pero que afecta aos terreos que ela acaba de herdar.
A protagonista do filme será a actriz Melania Cruz, acompañada por Xosé Barato e Gonzalo Uriarte como actores principais. Ademais, actualmente estase a levar a cabo un proceso de casting entre os veciños e veciñas da comarca, co fin de atopar actores e actrices secundarios, pero tamén figurantes.
Os únicos requisitos son que sexan galegofalantes, no caso de papeis con diálogo, e que os homes teñan entre 30 e 80 anos, e entre 30 e 70 as mulleres.
Entre o seu equipo técnico figuran profesionais como a directora de fotografía Sara Gallego (Las chicas están bien) ou o montador Raúl Barreras (20.000 especies de abejas).
Rodada en lingua galega, Tralovento é unha coprodución internacional entre Zeitun Films (Galicia) e Asterisk (Grecia), financiada pola Comisión Europea, a Axencia das Industrias Culturais (Agadic), o Instituto de la Cinematografía y de las Artes Audiovisuales (ICAA) e a Televisión de Galicia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SALÓN INTERNACIONAL
La feria WineMad recibirá a 17 bodegas de la D.O. Monterrei
FUTURA VARIEDAD
La D.O. Monterrei trabaja para unirse a los espumosos ourensanos
Lo último
EN PLENO ALTO EL FUEGO
EEUU ataca el sur de Irán "en defensa propia"
GALICIA EMIGRANTE
Dozón, un Ayuntamiento que valoriza el pasado proyectando el futuro
TRAYECTOS QUE SON UNA ODISEA
El recorte de líneas dispara el tiempo de viaje de los autobuses de Ourense