Comeza o festival de cine de Verín con 26 curtas a concurso
Ao longo desta nova entrega celebrarase de xeito paralelo unha ducia de actividades temáticas
Verín xa é sinónimo de cine estes días co arranque da sexta edición do seu festival de curtametraxes, o FIC Vía XIV, que, durante os vindeiros días, encherá a vila de actividades temáticas paralelas -serán unha ducia- e proxectará unha selección oficial de 26 pezas audiovisuais procedentes de 12 países diferentes e encadradas nas clásicas categorías do certame: Outra Mirada, Horizontes, A Raia e Nova. Este sábado a última hora celebrouse a gala inaugural na vila do Támega.
Este ano, e tal e como se anunciou recentemente, a principal novidade radica en que, por vez primeira, as curtas oficiais a concurso poderán seguirse online a través de Festhome no enlace https://tv.festhome.com/festivaltv/fic-via-xiv. Neste senso, ademais das curtas oficiais, poderá verse en Verín unha retrospectiva de filmes do Tempo Documentary Festival, festival convidado nesta edición polo FIC Vía XIV.
Xunto a isto, o FIC Vía XIV de Verín acollerá a preestrea en Galicia do documental Tierra de leche y miel, dirixido polo verinés Héctor Domínguez-Viguera xunto a Gonzalo Recio e Carlos Mora. Do mesmo xeito, a presentación da webserie ourensá Os tempos mortos do fuhrer e a estrea do documental Capuchóns, realizado polo verinés Iñigo Rolán Taboada como traballo de fin de grao, tamén se proxectarán dentro do festival verinés.
Por último, a musicalización de cinema mudo en directo, a cargo do Casperverk Trío, e a presentación do libro Son para audiovisuais, de Rafael Godás Ibáñez, protagonizarán tamén cadansúa actividade paralela no marco da vindeira edición do FIC.
Como cada ano, o festival renderá homenaxe a unha figura representativa do audiovisual galego, sendo nesta ocasión o actor e comunicador ourensán Sergio Pazos quen recibirá este recoñecemento.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
TERCERA FEDERACIÓN
El Arenteiro no fue capaz de plantar cara al líder, el Boiro (3-0)
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: lunes, 9 de noviembre
VIAJE POR LATINOAMÉRICA
El Papa León XIV anima a los jóvenes a casarse: “¡No le teman al para siempre!”