MELLORA DO CICLO DA AUGA
A Xunta ratifica o seu apoio á alianza de 10 concellos do Támega
Dez colectivos traballaron na elaboración das tradicionais coplas dos Maios de Verín, segundo confirmou esta mesma mañá Emilia Somoza, concelleira da área de Educación, Cultura e Festexos do Concello de Verín.
Seguindo a mesma liña que o pasado ano, o Concello de Verín celebrará a festividade mantendo a elaboración dos versos pero adaptados e optimizados para a súa lectura e difusión a través de internet e dispositivos móbiles.
Neste sentido, a concelleira de Cultura quixo destacar o "extraordinario esforzo e a implicación" que continúan a demostrar todos os colectivos participantes "posibilitando, grazas o seu gran traballo, que entre todos e todas manteñamos viva a esencia desta tradicional festa no actual contexto de limitacións polo covid-19".
Os centros educativos que están a elaborar coplas para esta fin de semana son o IES Xesús Taboada Chivite, o CPR María Inmaculada, o Colexio Apostólico Mercedario, o CEIP Princesa de España, o CEIP Amaro Refojo e o CRA Monterrei.
Ademais deles, a Asociación de Mulleres Rurais Flor da Xesta, o Conservatorio de Música, o Maio dos Patos e a Asociación Verinense Amigos da Música, tamén están preparando as súas propias coplas.
Así, Somoza agradeceu o "altruísmo e compromiso social das asociacións que, ao igual que os colexios e institutos que elaboran as coplas, non recibirán este ano ningún tipo de contraprestación por participar", permitindo así que o Concello poida doar íntegra a cantidade orzamentada para os Maios ao programa de atención ás necesidades básicas de persoas da comarca de Verín do CDR Portas Abertas.
Ata a chegada da pandemia, Verín celebraba os Maios coa venda das coplas para a recadación de fondos solidarios para as asociacións participantes, así como a elaboración dos Maios Florais.
As costumes mudaron debido ás restricións derivadas da actual situación sanitaria provocada pola pandemia, e o Concello de Verín decidiu manter o formato creado na pasada edición, destinando a cantidade orzamentada para devanditos festexos a fins sociais.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MELLORA DO CICLO DA AUGA
A Xunta ratifica o seu apoio á alianza de 10 concellos do Támega
FERIA VITIVINÍCOLA DE REFERENCIA
20 bodegas de la D.O. Monterrei se mostrarán en Barcelona
Lo último