A DO Monterrei, presente na III Feira da Vendima con viños de 17 adegas
A Denominación de Orixe (DO) Monterrei participa este sábado na III Festa da Vendima, que celebra o Concello de Monterrei no castelo
O Consello Regulador disporá dun posto no que se ofrecerá información sobre a denominación, variedades da uva e tipoloxía de viños.
Ademais, todos os que se acheguen poderán degustar os caldos de 17 das adegas inscritas na DO.
Folión, pisado e música
A Festa da Vendima comeza ás 11,30 horas, co folión dos carros cargados de uvas. Ás 12,30 horas será a inauguración e o pisado das uvas.
Ata as 19,00 horas haberá comida, música e baile tradicionais, unha feira agroalimentaria e viño da zona.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
HELADAS GENERALIZADAS
Calvos de Randín repite como el punto más frío de Galicia
NUEVO MINISTRO DE TRANSPORTES
Las víctimas del Alvia piden reunirse con Cuerpo: "Si nos hubieran escuchado, se habría evitado el accidente de Urda"