REFUERZA SU PRESENCIA
Mallorca, nuevo escaparate para los vinos de 22 bodegas de la D.O. Monterrei
CULTURA
A familia de Eloy Luis André -Mourazos, 1876- decidiu doar 200 obras e diversa documentación deste doutor en Psicoloxía e Filosofía á Biblioteca municipal de Verín. Estes fondos están xa custodiados polos responsables do espazo -Aurora Prieto e Vicente Rodríguez- na zona adicada á cultura local. En concreto, trátase, segundo explicaron dende o Concello de Verín, de 200 obras -en varias edicións-, revistas e xornais da época nos que as publicou. Ademais, no depósito figuran ata medio centenar de carpetas que conteñen distintos escritos e materiais, como recortes de xornais ou mapas.
Os responsables da biblioteca realizan nestes intres un estudo e análise documental de toda a documentación que os netos de Eloy Luis decidiron achegar ata o centro de lectura verinés -o acto de entrega estaba axendado para a pasada Semana Santa pero, por mor da pandemia do covid-19, celebrarase, previsiblemente, no vindeiro mes de xullo-. Nestas tarefas de estudo están a colaborar, de xeito desinteresado, o investigador galego Xosé Ramón García Soto, Facultativo Psicólogo Especialista en Psicología Clínica do Equipo de Salud Mental Infanto-Juvenil de Burgos. Tamén Monika del Castillo e Rubén Couto na traducción dos distintos escritos orixinais en lingua alemá e transcrición dos mesmos e, adicionalmente, Miguel Losada, Secretario da Sociedade Antropolóxica Galega e colaborador habitual da biblioteca, que axuda na evolución dos traballos.
No espazo web da biblioteca-bibliotecadeverin.es- pódese atopar un pequeno espazo onde se achega unha noción previa sobre quen foi o "erudito Eloy Luis André". Tamén está dispoñible unha cronobibliografía básica para ampliar coñecementos ó respecto.
Emilia Somoza, concelleira de Educación Cultura e Festexos, quixo agradecer á familia de Luis André a importante doazón realizada. "Sen dúbida, supón unha importante ampliación do patrimonio cultural da nosa vila e unha gran achega para a nosa biblioteca", dixo a concelleira.
Un dos episodios máis coñecidos de Eloy Luis André está vencellado a "Variante André". Fronte a esta proposta promovida polo doutor en Psicoloxía e Filosofía, a opción que impuxo Fomento fai posible que hoxe o tren transite pola rochosa cerna do Macizo Central Galaico.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
REFUERZA SU PRESENCIA
Mallorca, nuevo escaparate para los vinos de 22 bodegas de la D.O. Monterrei
SALÓN INTERNACIONAL
La feria WineMad recibirá a 17 bodegas de la D.O. Monterrei
FUTURA VARIEDAD
La D.O. Monterrei trabaja para unirse a los espumosos ourensanos
Lo último
CELEBRACIÓN GASTRONÓMICA
Cachena de Lucenza, viño e música, receita da nova festa de Cualedro
MÚSICA TRADICIONAL
La Coral Candea estrena directora en Chaves
Rafael Dávila Álvarez
La bandera de España por los suelos