Esta é a lista do BNG de Monterrei para as próximas eleccións municipais

bng monterrei
photo_camera A formación nacionalista para ás eleccións municipais en Monterrei.
Alberto Rodríguez volverá a presentarse á alcaldía de Monterrei polo BNG

Alberto Rodríguez encabeza a lista do Bloque Nacionalista Galego de Monterrei para as próximas eleccións municipais. É a terceira vez que se presenta á alcaldía de Monterrei, sendo actualmente o único edil nacionalista no Concello. 

Natural de Albarellos e con 40 anos, Rodríguez asegura estar "onde os meus veciños precisan, pois a defensa dos intereses de calquera persoa do concello, independentemente da súa ideoloxía, é o máis importante, e precisan que se escoiten". Por iso, o nacionalista afronta esta nova campaña como "un novo reto" no que encabeza a lista con "13 persoas detrás que me acompañan, e con capacidade de superación e de traballo. Imos demostrar que o BNG veu a superarse e a gañar, imos ser a chave do cambio este 28 de maio".

alberto rodriguez bng monterrei
Alberto Rodríguez.

De número dous na lista nacionalista de Monterrei atópase Montserrat Piris, avogada natural de Infesta. "É unha rapaza con tesón e cunha capcidade de traballo admirable", anota o candidato. Vicente Ferreiro, xubilado natural da Madanela, ocupa o terceiro posto debido a súa "boa relación coa xente nova admirable, e sempre pendente do seu pobo, para servir aos veciños", engade Rodríguez. 

Como gran novidade, o BNG de Monterrei incorpora este 2023 a Jorge Salgado, natural de Albarellos e traballador do sector da viticultura. 

Lista do Bloque Nacionalista Galego de Monterrei para as próximas eleccións municipais

  • Alberto Rodríguez García
  • Montserrat Piris Lamas
  • Vicente Ferreiro Justo
  • Jorge Salgado Borges
  • Manuel Soutelo Salgado
  • Hilda Fernández Rodríguez
  • María del Carmen Martínez Martínez
  • Laura Alves Campos
  • Nuria Rivero Borrajo
  • María Isabel Damil Domínguez 
  • David Salgado Borges

Te puede interesar