ARRANCA LA TEMPORADA
Galería | El parque acuático de Monterrei abre sus puertas con nuevas atracciones
VERANO
"A vila de Verín está a piques de vivir con entusiasmo e fervor a quinta edición do xa clásico festival urbano, Extruga na Rúa". Así o confirmaron na presentación deste evento este luns os organizadores Hugo Salgado, Iris Justo e Antonio Álvarez, os que estiveron acompañados por Diego Lourenzo, tenente alcalde de Verín, e Samanta Barreira, concelleira de Cultura e Festexos.
Este ano, o festival chega cun cartel de primeiro nivel encabezado pola emblemática banda de reggae Green Valley e co destacado rapeiro Elio Toffana, acompañados dun elenco de talentosos artistas como HUDA, Mondra, Another Wasted Year, Overdose, Burgas, Twentyfour Seven's, Dj Piki e Deriva.
Durante tres días -25, 26 e 27 de agosto- os lugares máis emblemáticos de Verín converteranse en escenarios de infinidade de actividades. A praia fluvial, a Preguiza e o skatepark acollerán a celebración con actividades para todos os públicos. "O festival, ademais dos concertos, ofrecerá un abano de actividades que van dende Slidepool na praia fluvial ata talleres de breakdance na Praza Maior", sinalaron na presentación.
Como cada ano, a Batalla de Gallos promete un enforntamento de talentosos nun duelo verbal pola coroa de mellor freestyler. Nesta edición, os amantes do teatro tamén terán a oportunidade de participar nun obradoiro impartido por Kotodama, mentres que a Liga Xunta Break de Galicia, organizada pola Vella Escola, promete momentos emocionantes de competición. "Coa diversidade e o talento nacional como enfoque, a iniciativa Batalla de Promesas dará a oportunidade a numerosos artistas de todo o territorio para amosar a sua paixón e habilidades sobre o escenario", anotaron.
Xa o domingo, o skatepark converterase nun epicentro deportivo co encontro de BMX e scooters, que culminará cun concerto de Deriva, cuxo membro local engadirá un toque especial á xornada.
Pola súa banda, Samanta Barreira apuntou que o "Extruga na Rúa é un evento único que destaca pola súa diversidade artística e enerxía contaxiante. Estamos entusiasmados de celebrar o quinto aniversario deste festival que continúa a enriquecer a nosa comunidade coa súa música, baile e creatividade". Diego Lourenzo tamén quixo agradecer o "gran esforzo realizado polos seus organizadores para lograr darlle vida a este evento" e invitou a veciños e visitantes a unirse á festa "e vivir momentos inesquecibles en Verín este agosto".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ARRANCA LA TEMPORADA
Galería | El parque acuático de Monterrei abre sus puertas con nuevas atracciones
PATRIMONIO Y NATURALEZA
Pinchos, vino y deporte, las claves de la Revolta Irmandiña de Verín y Monterrei
EVENTO PARA PROFESIONALES
San Sebastián, un nuevo escaparate para mostrar los vinos de la D.O. Monterrei
Lo último
CADA 20 DE JUNIO
Día Mundial del Refugiado: la dura realidad de los niños refugiados
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
“Señor das moscas”, de William Golding
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA