VERÍN

O fallo do certame fotográfico verinense darase a coñecer o día 7

O prazo de presentación de imaxes estivo aberto entre os pasados 3 de agosto e o día 3 de setembro.

Tras finalizar o prazo de presentación das fotografías para o concurso '#estouenverín', o Concello de Verín anunciou onte que o veredicto final terá lugar o vindeiro venres 7 de outubro.

O nome das persoas gañadoras será publicado nos perfís de Facebook e Instagram municipais, debendo as mesmas establecer contacto co Concello de Verín ou coa Oficina Municipal de Información Xuvenil a través de devanditas redes sociais para poder recibir o premio.

O prazo de presentación de imaxes estivo aberto entre os pasados 3 de agosto e o día 3 de setembro.

Te puede interesar