MELLORA DO CICLO DA AUGA
A Xunta ratifica o seu apoio á alianza de 10 concellos do Támega
Los nuevos alcaldes
José Ramón Barreal acada a maioría absoluta tras catro anos de difícil goberno por parte dos grupos políticos. O PP queda con cinco edís, fronte a un socialista e tres de Xuntos por Laza.
Como acolleu os resultados?
Con certa sorpresa. Contaba con revalidar a maioría absoluta, pero esperaba un mellor resultado. Aínda así, os veciños -cun 48%- nos deron o seu apoio.
Cales son as claves da maioría?
Esencialmente dedicarse moito á atención aos veciños. Despois, tamén é importante ter os servizos públicos que temos e convencer á xente que estes lográronse polo esforzo dun equipo de traballo e a súa xestión.
Chega a calma despois dunha lexislatura complicada?
Espero que si. Os veciños auguráronlle un ano de vida ao pacto de PSOE e Xuntos, e así foi. Eu pensei que ían traballar polos veciños, pero non conseguiron nada para Laza. Esa rotura levoume a min a ser elixido alcalde e houbo que traballar moito para atar todo o que se desfixera.
Nova corporación. Como é a relación coa oposición?
Eu con Juan Álvarez (PSOE) teño boa relación persoal. Temos un trato cordial e pretendo que así siga na corporación. Eu tendereille a man para que sexa un membro máis no equipo para traballar en conxunto polo ben dos veciños, facendo propostas en positivo. Lamentablemente, o trato con Xuntos por Laza non é así, no pleno de investidura dixeron que “aquí nos elixiron para dar caña”. Ninguén te elixe para iso, con esa expresión defínense, vai ser difícil o trato e non será porque eu non teña vontade.
Cales son os obxectivos?
Contactar máis coa xente e que teñan máis participación no concello. En temas de obras non me gusta prometer, pero queremos lograr a residencia de maiores, así como manter as infraestruturas básicas.
En Laza hai moitas asociacións.
Debemos ser o concello con máis asociacións. Moitas delas nacen en períodos preelectorais. Ata agora fun moito de templar o ambiente, pero creo que imos empezar a poñer as cousas no seu sitio e dar unha dose de transparencia e realidade. Iso das asociacións que representan á multitude… o 90% delas representan ós seus creadores.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MELLORA DO CICLO DA AUGA
A Xunta ratifica o seu apoio á alianza de 10 concellos do Támega
FERIA VITIVINÍCOLA DE REFERENCIA
20 bodegas de la D.O. Monterrei se mostrarán en Barcelona
Lo último