Lucenza acondicionou 22 hectáreas para pastoreo
ECOAGRO
Na vindeira primavera poñeranse en valor 30 montes veciñais galegos.
No termo de Lucenza, en Cualedro, acondicionáronse, dentro da primeira fase do plan de pastos de Galicia, 22 hectáreas de terreo que facilitarán o pastoreo do gando en extensivo e contribuirán á anticipación aos lumes nunha zona especialmente sensible neste senso. O conselleiro de Medio Rural, José González, que se desprazou ata esta localidade para comprobar os traballos realizados sinalou que, nesta primeira fase do plan, tamén se executaron na provincia de Ourense pastos en Beariz -case 17 hectáreas-, Ramirás -13 hectáreas-, Sarreaus -88 hectáreas-, Montederramo -34 hectáreas- e Paderne de Allariz -algo máis de 9 hectáreas-.O titular de Medio Rural agradeceu, aproveitando a súa visita, a implicación dos veciños de Lucenza nestes labores, unha disposición que lles fixo acredores, o pasado ano, ao premio Agader dentro da categoría de loita contra o abandono e en prol da mobilidade de terras.
Por outra banda, González anunciou unha segunda fase do plan, que comezará na vindeira primavera e que permitirá poñer en valor un total de 30 montes veciñais pertencentes a 24 concellos galegos. O investimento programado achégase aos 4 millóns de euros e a superficie da actuación roldará as 744 hectáreas, das que case 178 corresponden ao territorio de Ourense. Neste caso, os concellos beneficiados da provincia serán os da Veiga, Allariz, Xunqueira de Espadanedo, Lobeira, Laza, Maceda, Vilariño de Conso e O Irixo, segundo apuntou o conselleiro.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
ARRANCA LA TEMPORADA
Iván Ares lidera La Nucía con varios pilotos muy igualados
VIOLENCIA VICARIA BAJO IVESTIGACIÓN
Un hombre mata a su hija de tres años en Torrevieja en un caso que se investiga como violencia vicaria