Mercado de interés
La D.O. Monterrei luce 45 vinos en Santander
Los nuevos alcaldes de la provincia de Ourense
Luciano Rivero afronta a súa quinta lexislatura en Cualedro. Faino coas mesmas ganas e ilusión que fai 16 anos, cando foi elixido alcalde tras o falecemento da súa nai Marina Cuquejo, alcaldesa que aínda hoxe é recordada por todos os veciños. Rivero gobernará con oito dos nove edís cos que conta a corporación. Ese concelleiro restante lévao o BNG.
Como acolleu os resultados?
É a nosa quinta lexislatura, e todo grazas ao apoio dos veciños, aos que lle quero dar as grazas. Un apoio no que seguimos subindo en porcentaxe. Cando arranquei en política no 2007 tiñamos o 67% de votos e hoxe estamos no 82%, aínda que perdemos poboación, a xente segue apostando polo Partido Popular.
Onde se atopan as claves para esa maioría absoluta?
Teño un gran equipo de xente, tanto concelleiros como simpatizantes dos 20 núcleos do concello. Eu teño claro que o máis importante é o contacto directo cos veciños, máis alá das obras. Eu creo que niso radica o resultado que o PP saca no Concello de Cualedro, nese contacto diario cos veciños, xa sexa comigo ou cun concelleiro.
Como se leva coa oposición?
Contamos coa edil do BNG, María del Carmen Enriquez. Eu se falo mal da oposición pecaría, porque é unha persoa moi respectuosa e participa activamente nas decisións do concello. A corporación municipal segue igual a fai catro anos, coas mesmas persoas.
Cales son os seus obxectivos para estes catro anos?
Tocaremos todos os campos. Queremos dar un paso máis en temas de alumeado e lograr a telexestión para reducir os gastos, pois non se nos pasa pola cabeza subir os impostos. En servizos sociais faremos novas oficinas, apoiaremos a axuda a domicilio e teremos máis vivendas sociais. Tamén traballaremos no ciclo de auga e construiremos un punto limpo, así como seguir traballando no parque empresarial. Queremos potenciar o parapente, o turismo co noso patrimonio e o Entroido. Por suposto, seguiremos traballando na anticipación aos incendios forestais.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Mercado de interés
La D.O. Monterrei luce 45 vinos en Santander
ARRANCA LA TEMPORADA
Galería | El parque acuático de Monterrei abre sus puertas con nuevas atracciones
PATRIMONIO Y NATURALEZA
Pinchos, vino y deporte, las claves de la Revolta Irmandiña de Verín y Monterrei
Lo último
MEDIDAS ANTICORRUPCIÓN
Sánchez asegura ante el Comité Federal que el PSOE no se ha financiado ilegalmente
"RESPUESTA CONTUNDENTE"
Irán ataca posiciones de EEUU en respuesta a su ofensiva en el estrecho de Ormuz
La Región
CLAVE GALICIA
Quedar