Música e teatro ao aire libre percorrerán varias das aldeas de Riós
OCIO
A programación cultural no Concello de Ríos arranca este venres ás 20,00 horas
O Concello de Riós vén de presentar a súa programación cultural para este mes de agosto e que arranca hoxe no propio núcleo de Riós ás 20,00 horas.
O concello riense ofrece unha combinación de actuacións de teatro de rúa, a carga do da asociación cultural Namarella Teatro, creada no 2018 en Verín, que irán acompañadas pola música ao vivo da Banda de Gaitas de Riós, totalmente de balde.
Trala actuación no Riós, a seguinte parada será na Veiga do Seixo, o próximo 20 de agosto, ás 20,30 horas. A continuación, Namarella Teatro e a banda de gaitas actuarán na Reitoral da Chaira o 24 de agosto ás 21,00 horas.
Dous días máis tarde, o 26 de agosto, o teatro e a música ao aire libre daranse cita na aldea de Progo, a partir das 20,30 horas. E, finalmente, a última función de teatro de Namarella terá lugar o 28 de agosto en Cortegada, dende as 20,30 horas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
53ª GRAN QUEIMADA
Castrelos de Cima conxurou de madrugada a súa queimada
SERVICIO MANCOMUNADO
Alianza de tres concellos de Monterrei para gestionar el agua de forma conjunta
OTRO HERIDO EN SAN CIBRAO
Un herido y trasladado en un fuerte choque entre un coche y un camión en Monterrei
Lo último
XESTIÓN DO TERRITORIO
A Casa Vella de Amiadoso, en Allariz, une cultura e ecoloxía para protexer o agro